Escritor
O claustro do mosteiro de San Salvador, en Vilanova de Lourenzá, acollerá o 18 de xuño, sábado, a partir das 12 do mediodía a segunda xornada dedicada a Francisco Fernández del Riego, actividade que organiza a asociación Patrimonio Laurentino coa colaboración do Concello de Lourenzá. Na presentación participou a alcaldesa, Rocío López, con representantes do colectivo promotor desta iniciativa.
Na xornada intervirán o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, que ofrecerá unha charla titulada Fernández del Riego, editor, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, que falará sobre Fernández del Riego e a Universidade. Para esta actividade a asociación Patrimonio Laurentino conta coa colaboración de Xosé López González, coñecido como Pepe de Celeirao, que é un veciño de Lourenzá licenciado...
leer másEste sábado, día 11 de junio, se celebrará un recital poético en el establecimiento La luna y el mar de Vilamil, en Tapia de Casariego. El acto, en el que participarán Pablo Trabadelo, dará comienzo a las 18:00 horas.
El recital se celebrará con micro abierto y Los piratas sónicos.
El autor asturiano estará el domingo, 12 de junio, firmando ejemplares de su libro “Navalla” en la Feria de Muestras de Vegadeo. Será en el stand de Bajamar Editores a partir de las seis de la tarde.
O claustro do mosteiro de San Salvador acollerá o día 17 deste mes, sábado, a partir das 11 da mañá unha xornada sobre Francisco Fernández del Riego. No evento intervirán grandes coñecedores do escritor laurentino: Manuel Román Ramos, Francisco Domínguez Martínez, Xosé López González, Malores Villanueva Gesteira e Antón Vidal Andión. Para asistir as xornadas hai que inscribirse previamente a través do teléfono 649.28.17.91 ou do correo electrónico patrimonio.laurentino@gmail.com.
Esta actividade, que está organizada polo Concello de Lourenzá e a Asociación Patrimonio Laurentino, foi presentada na tarde de hoxe, venres, na Praza do Conde Santo, xunto ao monólito de Fernández del Riego. No acto participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; os...
leer másDesde hoxe e ata o 22 de novembro a Oficina de Turismo de Ribadeo acolle a exposición promovida polo colectivo Egeria "Carvalho Calero en Lugo, Don Ricardo de Fingoi", na que se lembran uns anos intensos na vida de Carvalho Calero: traballou no Colexio Fingoi, en Lugo, pero asemade leu a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e comezou a escribir a Historia da Literatura Galega Contemporánea, unha das súas obras máis coñecidas.
A exposición, composta de 12 paneis, ten carácter itinerante. Instalouse primeiro e Lugo, e despois ao longo deste ano en vilas de toda a provincia. A Ribadeo chegou procedente de A Fonsagrada e desde aquí partirá para Triacastela.
Ao acto de inauguración asistiron o presidente de Egeria, Xulio Xiz; Margarita Cela Carvalho, unha das netas de Carvalho Calero que traballa en...
leer másO escritor mariñán Pepe Peinó foi premiado no IV Certame para Obras de Teatro Joven, convocado por unha editorial de San Fernando (Cádiz).
Él mesmo comentou que “veño de resultar premiado no IV Certame para Obras de Teatro Joven, que organiza a Editorial Dalya de San Fernando, Cádiz, coa miña obra Algo. Obtiven o primeiro premio na Categoría A, o que implica unha dotación económica, a publicación da obra (posiblemente en formato "espello", en castelán e en galego), a súa representación e promoción. Participaron arredor de 500 obras no concurso, de multitude de países do mundo e en diversos idiomas, pois o premio é internacional (a miña obra presenteina en galego)”.
Pepe Peinó amósase orgulloso de ter conseguido este premio: “un orgullo ter conseguido o Primeiro Premio na Categoría A no IV Certame Internacional...
leer más