Riotorto

10/04/2026

A música de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre porá son a Feira do Ferro de Riotorto cunha actuación o sábado 18 de abril ás 22.00 horas, na véspera da Feira.

O concerto, impulsado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, “pretende ampliar a dimensión cultural e patrimonial da Feira e poñer en valor o traballo de montaxe previo ás demostracións e obradoiros dos ferreiros, que se desenvolve durante a tarde do sábado”.

O músico coruñés visitou este venres forxa de Agustín de Faustino, un dos ferreiros en activo, onde coñeceu os detalles deste oficio artesán e a súa tradición en Riotorto. Tamén compartiron lembranzas sobre informantes do concello que Xabier Díaz coñeceu durante as súas recollidas como Daniel e Eugenio Fernández -os...

leer más
31/03/2026

A Vicepresidencia da Deputación colaborará na programación da Feira do Ferro de Riotorto cun concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre o día 18 de abril, sábado.

“A actuación amplía o impacto dinamizador da feira a toda a fin de semana e pon en valor o traballo de montaxe previo ás demostracións e obradoiros dos ferreiros, que se desenvolve durante esa tarde”, destaca a Vicepresidencia da Deputación, que engade: “a actuación encádrase na programación que a área de Cultura organiza por toda a provincia en colaboración co tecido asociativo e cos concellos para fomentar a presenza da música tradicional e dos artistas e bandas de música en galego en festivais, festas e celebracións populares”. 

Ademais a deputada Iria Castro trasladou á Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto o apoio da...

leer más
Etiquetas:
20/03/2026

Vilaseca, no municipio de Riotorto celebrará as festas na honra a San Xosé e Nosa señora os días 21, 22 e 28 de marzo.

As actividades comezarán este sábado, día 21 de marzo, ás 13:00 horas con misa solemne e procesión a continuación. Seguidamente haberá sesión vermo co grupo Los Adrianos, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Triunfo.

O domingo 22 ás 13:45 horas celebrarase misa solemne e procesión a continuación. Despois haberá sesión vermú prolongada co grupo D’Cano.

E o día 28, sábado, ás 28 ás 13:45 horas celebrarase misa solemne e procesión a continuación. Seguidamente terá lugar una sesión vermú co dúo Belinda, que tamén actuará na sesión tarde-noite, despois dun xantar popular.

A organización destaca que o campo da festa estará cuberto con carpa...

leer más
28/02/2026

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, participou este sábado, 28 de febreiro, na presentación do IV Trail dos Muíños de Riotorto que se celebrará o 23 de maio. A Vicepresidencia da Deputación apoia a organización da proba organizada pola Asociación de Veciños de Ferrería que este ano forma parte por primeira vez do calendario galego de trail, concretamente da Serie Plata, “un recoñecemento que impulsa a súa visibilidade e atractivo para atletas de toda Galiza”.

No acto Efrén Castro destacou “a contribución do trail e das populares a estender a actividade deportiva e a fortalecer a base deste deporte” e valorou “o traballo da organización para poñer en marcha e consolidar unha proba destas características, que pon en valor a paisaxe e o territorio e crea comunidade”.

Interviñeron tamén Alberto...

leer más
Etiquetas:
16/02/2026

O Concello de Riotorto organiza un Entroido infantil para este martes, día 17 de febreiro. Será desde as 17:00 horas no pavillón municipal.

Haberá inchables e repartirán chocolate con churros para todos a partir das 20:00 horas.

15/12/2025

A Órrea, no municipio de Riotorto, acollerá o día 3 de xaneiro, sábado, desde as 16:30 horas, actividades dedicadas ao poeta Avelino Díaz.

A Asociación Avelino Díaz anuncia que, para rematar as actividades programadas ao redor dos 128 anos do nacemento de Avelino, organiza para o día 3 de xaneiro un acto na Órrea. E explican: “con el pretendemos basicamente dúas cousas: recuperar a memoria do movemento agrarista  existente na Terra de Miranda a principios do século pasado, do que nos ilustrará o profesor Hervés cunha conferencia no Local Social da Asociación de Veciños da Órrea; e reconciliar as figuras literarias de Manuel María García Castro,  poeta da revista El Agricultor, editada en Riotorto nos albores dese século XX e voceira desa organización labrega, e do seu fillo natural, Avelino Díaz, o poeta de Meira, como era coñecido na...

leer más
Etiquetas:
14/12/2025

O Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal para o día 17 de decembro, mércores, ás 14:30 horas na Casa da Cultura. O prezo é de 25 euros por persoa.

Este evento estará amenizado coa música do dúo Dilema.

Etiquetas:
20/11/2025

O grupo teatral Pico do Castro, de Foz, presentará en Riotorto a obra titulada Trato a cegas. Será este venres, día 21 de novembro, ás 22:00 horas no Centro Sociocultural.

O reparto de Pico do Castro para esta representación está formado por Juan José Villarino Calvelo e José Ramón Villarino Neira.

É unha actividade organizada polo Concello de Riotorto.

Etiquetas:
03/09/2025

Augaxosa, en Riotorto, volverá vestirse de festa os días 12, 13 e 14 de setembro para celebrar as tradicionais Feiras e Festas de San Roque, cun programa que combina música, gastronomía, feira de gando e actividades culturais.

O venres 12 de setembro a festa comezará ás 21:30 horas cunha gran pulpada popular servida pola coñecida Pulpería Suso de Lugo, que incluirá tamén xamón cocido, churrasco, postre e café. A continuación, terá lugar unha espectacular verbena coa orquestra Gran Parada e DJ Bombardero, garantindo unha noite de diversión.

O sábado 13 de setembro estará dedicado á feira de gando e á mostra de razas autóctonas, con apertura ás 9:30 horas e premios en metálico para os gandeiros participantes. Ademais, desde as 10:30 horas poderá visitarse a mostra de animais autóctonos, e ás 11:00 horas haberá...

leer más
10/07/2025

A parroquia de Muxueira, no concello de Riotorto, celebrará as festas do Carme os días 11 e 12 de xullo, venres e sábado.

As actividades comezarán o venres a partir das 21:00 horas cunha churrascada popular na que actuará o grupo D’Cano e DJ Bombardero.

E o sábado ás 13:30 horas celebrarase misa, seguida de sesión vermú a cargo do dúo Belinda.