Feira do Ferrro
A música de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre porá son a Feira do Ferro de Riotorto cunha actuación o sábado 18 de abril ás 22.00 horas, na véspera da Feira.
O concerto, impulsado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, “pretende ampliar a dimensión cultural e patrimonial da Feira e poñer en valor o traballo de montaxe previo ás demostracións e obradoiros dos ferreiros, que se desenvolve durante a tarde do sábado”.
O músico coruñés visitou este venres forxa de Agustín de Faustino, un dos ferreiros en activo, onde coñeceu os detalles deste oficio artesán e a súa tradición en Riotorto. Tamén compartiron lembranzas sobre informantes do concello que Xabier Díaz coñeceu durante as súas recollidas como Daniel e Eugenio Fernández -os...
leer más



