Ultramar

Etiquetas:
07/06/2022

O Concello ven de abrir o prazo de inscrición para participar na sétima edición do Mercadiño de Ultramar e no novo espazo gastronómico, que se desenvolverán dentro do Ribadeo Indiano. 

O concelleiro de Turismo e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, sinalou que “un ano máis o Mercadiño de Ultramar terá lugar dentro da VII edición do Ribadeo Indiano, que este ano estará dedicado ás mulleres,  tanto ás se foron como ás que quedaron. O Mercadiño de Ultramar desenvolvérase o sábado 9 de xullo  e pretende traer unha recreación e mostra de  produtos e mercancías de ultramar así como de oficios de época. Terá horario continuo dende ás 11:00 da mañá ata a finalización do Festival de Habaneras, que será aproximadamente sobre as dez da noite”..

As persoas que desexen participar poderán presentar a súa solicitude ata o día 22...

leer más
Etiquetas:
16/06/2019

Un ano máis o mercadiño indiano constituirá un espazo dentro do VI Ribadeo Indiano para a mostra de produtos e mercancías de ultramar e da época así como de oficios. 

O mercado desenvolvérase na Rúa San Roque durante o día 13  de xullo en horario continuo desde as once da mañá ata a finalización do Festival de Habaneras, que será aproximadamente sobre as dez da noite.

A organización deixará que cada stand contemple a posibilidade de pechar en horario de mediodía de 15:00 a 17:00 horas, neste caso a vixilancia e seguridade correrá a cargo dos expositores/as.

En todo caso será obrigatorio manter a apertura dos postos de 11:00  a 15:00 horas e a partir das 17:00 ata a finalización do Festival de Habaneras, que se desenvolverá na mesma rúa.

As persoas que desexen...

leer más
Etiquetas:
10/06/2015
O 11 de xullo terá lugar o II Mercado de Produtos de Ultramar, que se enmarca dentro do "Ribadeo Indiano".
 
A rúa San Roque será escenario o 11 de xullo do II Mercado de Produtos de Ultramar, un espazo dentro do Ribadeo Indiano no que se porán á venda produtos e mercancías representativas e oficios da época comprendida entre finais do século XIX e principios do X. A inscrición para participar estará aberta ata o 26 de xuño, segundo deu a coñecer esta mañá a concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo en funcións, Ana Martínez, 
A edil nacionalista explicou que “este ano dentro dos actos do Ribadeo Indiano 2015 contaremos con ese Mercados de Produtos e Mercancías de Ultramar, así como de oficios da época, que comprenderá desde finais do século XIX a principios do XX. Ao igual que ano pasado terá lugar na rúa San Roque durante  o 11 de xullo en horario continuo. Arrincará ás...
leer más