Duarte Correa
13/04/2026
Este venres, día 17 de abril, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, terá lugar a presentación do libro titulado O imperialismo no século XXI, de Duarte Correa Piñeiro, editado por Tempo Galiza Editora. É un acto organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza (ACFL) e intervirán Dores Fernández Abel (da ACFL) e o propio autor.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza explica: “Duarte Correa xa nos visitou no ano 2022 para darnos unha charla sobre a situación política internacional, nomeadamente sobre a guerra de Ucraína. De novo imos poder gozar da súa capacidade de análise e síntese para ofrecernos unha visión actualizada dun contexto xeopolítico extremadamente cambiante e inestábel”.



