Augaxosa

29/04/2024

As asociacións veciñais de Augaxosa, en Riotorto, e San Adriano, en Lourenzá, celebrarán conxuntamente a Romaría das Cruces o día 25 de maio, sábado.

O itinerario de San Adriano empezará en A Cruz ás 10:30 horas, para chegar ao Chao da Veiga, en Augaxosa ás 12:45 horas, igual que farán as persoas que participen no percorrido desde Augaxosa, que sairá ás doce do mediodía desde a igrexa de Muxueira.

Xa en Augaxosa ás 13:00 hora haberá misa, sesión vermú amenizada pola cantante Verónica Cambón e comida. Despois haberá sesión de tarde, tamén con Verónica Cambón.