Riotorto

Etiquetas:
29/08/2022

O 4 de setembro celebrarase en Riotorto e A Pontenova o Desafío do Ferro, unha marcha cicloturista organizada pola asociación deportiva Pretorianos Club.

Terá dúas modalidades, e-BBT (bicicleta de montaña eléctrica) e BBT (bicicleta de montaña). Ademais, os participantes poderán decidir entre dúas distancias: a marcha corta, de 30 quilómetros, e a marcha larga, de 50. É obrigatorio seguir o recorrido marcado, que será maiormente por pistas forestais e camiños.

A saída e a chegada será na Praza dos Fornos de A Pontenova, pasando durante o percorrido polo concello de Riotorto. Sairase as 9:30 horas, e terase ata as 15:30 horas para realizar o recorrido, quedando descualificado en caso de non chegar.

Na marcha poderán participar tódolos ciclistas federados e non federados de máis de 16 anos...

leer más
Etiquetas:
21/02/2022

O Entroido Infantil de Riotorto celebrarase de 17 a 20 horas no pavillón municipal. Haberá inchables, talleres, e chocolate con churros para todos. A cita está organizada polo Concello. 

Antes o 25 de febreiro, venres, ás 12 da mañá, se o tempo o permite, haberá un desfile de disfraces por Riotorto e un xuízo final ao Meco na Praza das Rodrigas. Organizan esta actividade o Ceip de Riotorto, Casa Niño A Croa e Concello de Riotorto. 

Etiquetas:
22/01/2022

O 30 de xullo terá lugar en Riotorto a 1ª Baixada de Carrilanas. O evento está organizado pola asociación Carrilanas Os Meiregos, que contan coa colaboración da Federación Española de Deportes de Inercia, o Concello de Riotorto e Laura Alonso. 

Etiquetas:
05/01/2022

Dentro da programación arredor dos 124 anos do nacemento do poeta Avelino Díaz celebrarase no Centro Sociocultural de Riotorto un acto que contará coa conferencia do profesor Bernardo Penabade Rei, investigador da obra de Avelino. A charla titúlase "O regreso de Avelino Díaz, cidadán de dous mundos". Tamén actuará a Coral de Riotorto.

O evento, que será presentado por Yoani Jartín Salgado, terá lugar o sábado 15 de xaneiro a partir das 17.00 horas.

A entrada será libre con aforo controlado.

Etiquetas:
29/11/2021

O Concello de Riotorto organiza un baile de fin de ano para despedir este 2021.

A velada, que estará amenizada polo Dúo Sensación, dará comezo á unha da madrugada, a entrada será de balde e haberá servizo de bar. Ás 5:30 horas servirase un chocolate gratis para todos os asistentes.

A festa terá lugar no centro sociocultural e colaboran na súa organización as asociacións veciñais e culturais do municipio.

As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléfono 982 346 222 ou na web www.concelloderiotorto.gal.  

 

18/08/2021

O domingo 5 de setembro celebrarase a ruta ciclista Desafío do Ferro, que se desenvolverá nos municipios de A Pontenova e Riotorto en dúas distancias. Este evento deportivo, que sairá da Praza das Rodrigas, en Riotorto, ás 10:00 horas, é para bicicletas BTT e E-BIKE.

As inscricións fanse a través da web championchipnorte.com.

A ruta ciclista Desafío do Ferro esta organizada polo club Pretorianos e patrocinada polos concellos de Riotorto e A Pontenova.

 

Etiquetas:
20/06/2021

O Concello de Riotorto organiza o Campamento de Verán 2021, dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos. Vaise desenvolver do 2 ao 7 de agosto. 

As persoas interesadas poden inscribirse na Casa do Concello, no número de teléfono 982 346 222, ata o 30 de xullo. O número de prazas é limitado a 30 participantes. O prezo é 30 euros para os empadroados no concello e 50 para os non empadroados.

A actividade terá lugar dos días 2 ao 7 de agosto (ambos incluídos), en horario de 10:00 a 14:00.

No campamento, adaptado á normativa actual fronte ao covid 19, desenvolveranse obradoiros, excursións, xincanas, multideporte, busca do tesouro e outras sorpresas.

 

Etiquetas:
15/03/2021

Convocado polos Concellos de Meira e Riotorto coa colaboración da Asociación Cultural “Avelino Díaz".

O Certame foi adiado sucesivamente á espera de que a situación sanitaria se normalizase, establecéndose o remate do prazo definitivo de presentación de orixinais para o 22 de maio de 2021.

Establécense 4 categorías: de 3 a 8 anos; de 9 a 12 anos; de 13 a 17 anos; e de 18 en diante. Os premios serán figuras conmemorativas, diplomas e material escolar para as tres primeiras categorías e no caso da de adultos haberá tamén premios en metálico. 
O fallo do xurado darase a coñecer a primeira semana de xuño 

Máis información en www.poetaavelinodiaz.gal

 

Etiquetas:
17/03/2020

A Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto xunto co Concello de Riotorto organiza dende o ano 2007 a Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto,  e este ano que seria a XIV edición que se celebraría o próximo 19 de abril do 2020, queda suspendida. 
 
Desde a organizan sinalan que "nesta situación excepcional e desde o respecto, desde a nosa responsabilidade social e o bo sentido imperante, esperamos contribuír á recuperación da normalidade, tratando de protexer do mellor xeito posible a seguridade e saúde de todos os visitantes, artesans e resto de expositores. Por iso, despois das medidas anunciadas polo Goberno do Estado debido á pandemia de Coronavirus COVID-19, tomamos as medidas oportunas".

 

Etiquetas:
08/03/2020

En Augaxosa, a fermosa parroquia de Riotorto, a medio camiño entre Lourenzá, Riotorto e A Pontenova o vindeiro sábado, 14 de marzo, ás 21,00 horas, o Grupo Teatral O Centiño, de San Martiño, recuperará de novo a figura de Eduardo Pasmarote, o indescritible presentador de televisión que se converte en superheroe despois de inxerir inxentes cantidades de guindilla. De novo poderemos ver os programas "Al loro", "Repolos e centolos", o "Noticiario"... e tamén as complicadas relacións de Romualdo, Jacky e Pinky, Betti Gutiérrez, Manuela Tormentas e Ana Rosa, sobre todo cando teñen que enfrontarse aos dous miserables ladróns, tan inofensivos como torpes, Triquiñuela e Carajillo.

Dende Augaxosa, descendendo en grandes riadas dende a montaña, baixarán as risas e a alegría do Centiño, convertidas en teatro.