Riotorto

Etiquetas:
06/04/2015
O arqueólogo Santiago Ferrer impartirá o 11 de abril en Riotorto unha conferencia sobre "Minas romanas". Está organizada por Arrincadeira e Mariña Patrimonio.
 
Desde Mariña Patrimonio e Arrincadeira sinalan que "como é sabido o noroeste peninsular é unha zona rica en ouro. Xa antes da romanización os pobos indíxenas explotaban este codiciado metal e coa chegada do invasor romano produciuse un cambio rotundo ao converter a minería nunha auténtica actividade industrial, que provocou a transformación do territorio e cuxas pegadas chegaron até hoxe". E engaden que "Riotorto é un concello coñecido polos seus ferreiros e sábese que houbo minería de ferro até non hai moito tempo; tamén se ten documentación de explotacións mineiras moi antigas que, segundo os indicios, poderían remontarse a época romana. Para falar sobre as explotacións mineiras en época romana contaremos co arqueólogo Santiago Ferrer o próximo sábado, 11 de abril, ás 19:00 horas no Salón de Actos da Casa de...
leer más
Etiquetas:
04/04/2015
O 19 de abril terá lugar a novena edición da Feira do Ferro de Riotorto. Haberá demostración de oficios, un obradoiro infantil de ferro e animación itinerante.
 
Riotorto celebra a súa novena edición da Feira do Ferro o día 19 de abril, domingo. Está organizada polo Concello e a asociación Ferreiros de Riotorto.
O recinto feiral, que estará cuberto baixo carpa, abrirase ás 11 da mañá e media hora despois empezará unha demostración de oficios: pirograbado, alfarería, tear e torneado de madeira. Ás doce do mediodía terá lugar a inauguración oficial do evento coas actuacións dos Gaiteiros de Ritotorto e do Coro de Riotorto. A continuación comezarán as demostracións en vivo da artesanía do ferro a cargo de ferreiros de Riotorto, da Fonsagrada, do austríaco Friedrich Brasmsteidl, do compostelán Alberto Leis e de representantes do Centro de Interpretación de la Forja de Navarra.
No programa de...
leer más