Riotorto celebra unha cea o 27 de marzo organizada pola comisión de festas de San Cristóbal

O pavillón municipal de Riotorto acollerá o mércores 27 de marzo desde as 22:30 horas unha cea colaboración organizada pola comisión de festas de San Cristóbal.

Despois de cear empezará o baile amenizado pola orquestra Saudade e o DJ Bombardero. Tamén sorteos, sorpresas e servizo de bar.

O prezo é de 30 euros para adultos e de 18 euros para os nenos de 3 a 10 anos de idade.