Arquivos

Etiquetas:
08/06/2017

O Concello súmase ao Día Internacional dos Arquivos, que se celebra o  vindeiro venres, 9 de xuño, e con este motivo  convinda á veciñanza ao acto de presentación da nova páxina web do Arquivo Municipal, que permitirá a difusión de parte do patrimonio documental do noso Concello e a consulta do novo inventario do arquivo.

Este acto, que se celebrará ás 12:00 da mañá no sala principal da Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, servirá como acto de clausura dos traballos do Obradoiro de Emprego Ribadeo no Tempo.

Asemade neste acto participará o cronista oficial da vila, Eduardo Gutiérrez, e exporase unha parte dos documentos que se custodian no arquivo municipal. Isto permitirá poñer de relevancia o interese e valor do  patrimonio documental que atesoura o devandito arquivo.