Día
Ribadeo celebrará unha nova edición do Día da Bicicleta o vindeiro domingo, 30 de agosto, a partir das 11 horas. A saída será desde a Casa do Concello ata o faro para retornar ao punto de partida. Ao remate haberá sorteo de agasallos entre os participantes.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a coller a bici o vindeiro domingo e a pedalear todos xuntos. Será unha maneira divertida e saudable de despedir o mes de agosto en Ribadeo”.
A concentración dos participantes a carón do Pazo de Ibáñez está prevista para as 10:30 horas.
O Día da Bicicleta está organizado polo Concello de Ribadeo, conta co patrocinio de Vegalsa-Eroski e está promovido por La Voz de Galicia e RadioVoz. Colaboran: BeOne, Decathlon Ribadeo, Deportes Docobo, Atleet Ribadeo, Cerezo Bikes, Pillabikes,...
leer másO Concello de Burela anuncia que este domingo, día 30 de agosto, celebra o Día da Bicicleta e explica que haberá un circuíto na praza da Mariña, pensado para o público infantil, e dúas rutas, unha infantil e outra para persoas adultas.
Para participar é necesario inscribirse a través do correo electrónico actividadesdeportivas@burela.org ou na Casa da Xuventude ata este venres, 28 de agosto, en horario de 9:00 a 14:00.
As rutas sairán cara á Marosa, onde “nenos e nenas darán volta e os e as maiores seguirán pasando pola Vila do Medio ou O Cantiño ata volver á praza da Mariña”, explica o Concello de Burela, que engade: “á chegada sortearanse 4 agasallos doados por Cerezo Bikes, así como e botellíns e camisetas do enduro. Ademais, haberá uns petiscos para repoñer...
leer másA Fundación Expomar organiza a terceira edición do chamado Día do Orgullo Mariñeiro, que terá lugar en Burela e en toda a Mariña Lucense este xoves, día 11 de decembro. A Fundación Expomar volve poñer en valor a importancia da cultura mariñeira de Galicia coa celebración do terceiro Día do Orgullo Mariñeiro, que combinará este xoves a divulgación nas escolas, a exaltación da cultura mariñeira e a gastronomía do mar para chegar a tódolos públicos. Esta acción está organizada pola Fundación Expomar coa colaboración do Concello de Burela e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, no marco das axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y Acuicultura (FEMPA).
As actividades do día comezarán nos comedores de diferentes centros de ensino e servizos sociais da Mariña Lucense, onde se servirán máis de 1.000 racións de pota da lonxa de Burela nos...
leer másO Concello de Barreiros organiza actividades para celebrar o Día das Bibliotecas este venres, día 24 de outubro, e o martes 28.
“Con motivo do Día Internacional das Bibliotecas, o 24 de outubro, desde o Concello de Barreiros queremos poñer en valor estes espazos cheos de vida, historias e igualdade. Na Biblioteca Pública Municipal o venres 24 de outubro ás 12:00 horas, inauguración do Punto Lila coa doazón de libros dende a área de Igualdade do Concello de Barreiros. A partir deste día a biblioteca contará cun novo espazo onde se albergarán as obras escritas desde unha perspectiva que axude na concienciación sobre a violencia de xénero e á igualdade”, anuncia o Concello de Barreiros.
E na Biblioteca Rural de San Xusto o martes 28 de outubro ás 18:00 horas a área de Igualdade do Concello de Barreiros fará entrega...
leer másRibadeo celebrará unha nova edición do Día da Bicicleta este domingo, día 31 de agosto, a partir das 11 horas. A saída será desde a Casa do Concello ata a Illa Pancha e a volta realizarase por Vilaselán e o casco urbano. Ao remate haberá sorteo de agasallos entre os participantes.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a coller a bici o vindeiro domingo e a pedalear todos xuntos. Será unha maneira divertida e saudable de despedir o mes de agosto en Ribadeo”.
A concentración dos participantes a carón do Pazo de Ibáñez está prevista para as 10:30 horas.
O Día da Bicicleta está organizado polo Concello de Ribadeo, conta co patrocinio de Vegalsa e está promovido por La Voz de Galicia. Colaboran: BeOne, Decathlon, Deportes Docobo, Atleet Ribadeo, Cerezo Bikes, Pillabikes,...
leer másA Área de Igualdade presenta a programación da campaña Ribadeo Orgullosa 2025, que terá lugar durante o mes de xuño con actividades dirixidas a diferentes públicos, co obxectivo de promover a visibilización, o respecto e a celebración da diversidade.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo sinalou que “organizar esta programación é tamén unha forma de dicir alto e claro que en Ribadeo cabemos todas e todos, sexamos como sexamos. Queremos un concello onde cada persoa poida vivir con liberdade e sen medo a ser quen é”.
Rosa e azul
A actividade Rosa e Azul está dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria dos centros educativos de Ribadeo. A proposta consiste nunha sesión de contos teatralizados que celebran a diversidade e rompen cos estereotipos de xénero e o binarismo imposto desde o nacemento.
O Concello de Burela conmemorará o 8M, Día da Muller, con diferentes actividades que comezarán o día 7 de marzo, venres.
Ese día terá lugar ás 13:00 horas na praza do Concello a lectura do manifesto institucional por esta data. Tamén será a proxección do filme galego ‘O Corno’ ás 20:30 na Casa da Cultura.
Así mesmo, o 7 de marzo comezarán os obradoiros “Solo pelviano” na Praza de Abastos de 10:00 a 12:30. A cita repetirase o 10 de marzo de 17:00 a 19:30. En ambos casos o taller estará impartido pola fisioterapeuta especialista en pelviperineoloxía Lara Bello.
Ao día seguinte, o 11 de marzo, será o obradoiro “Coñece a túa peri/menopausia” de 18:00 a 20:00 no salón de conferencias. Impartirá María González Cociña, directora do centro M.
Ambos talleres serán de...
leer másO Concello de Burela celebrará o Día das Bibliotecas cun taller de creación de marcapáxinasna Casa da Cultura.
Esta actividade está organizada polo Centro de Educación Medioambiental Gaia, e terá lugar este venres, día 25 de outubro, de 17:00 a 19:00.
O Día das Bibliotecas celebrase cada ano o 24 de outubro. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Ministerio de Cultura do Goberno de España.
O obradoiro será gratuíto e aberto, e porá o acento na sustentabilidade, empregando materiais cotiáns e reutilizados para crear marcapáxinas personalizados baixo o lema "Por un futuro sostible".
Lina Gómez, Concelleira de Cultura e responsable do Centro de Educación Medioambiental Gaia, convida á veciñanza a "participar desta actividade para promover a lectura especialmente...
leer másXove celebrará o Día da Bicicleta o día 22 de setembro, domingo, desde as 11:00 horas.
A organización do evento anuncia: “o día 22 de setembro de 2024 ás 11 da mañá vamos celebrar o Día da Bici en Xove. As inscricións serán antes da saída e todos os menores de idade necesitarán unha autorización paterna. Para os máis maiores será un percorrido duns 10 quilómetros e para os pequenos farase unha pequena ruta circular. Tamén contaremos con estruturas de pump track na Praza do Concello antes da ruta e haberá un avituallamento ó rematar a ruta e un sorteo”.
A Área de Cultura do Concello de O Valadouro celebra o Día do Neno o vindeiro 9 de setembro.
O luns da próxima semana desenvolveranse diversas actividades ao longo da tarde e haberá inchables, toro mecánico e unha festa da espuma se o tempo o permite.












