Día

07/05/2023

Onte, sábado, tivo lugar a presentación do cartel anunciador das actividades que se van a celebrar en Lourenzá co gallo do Día das Letras Galegas dedicado ao laurentino Francisco Fernández del Riego. É obra do pintor mariñán Hipólito Xeada, que estivo acompañado no acto pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e varios membros da Mesa Coordinadora Don Paco.

O mércores 17, Día das Letras Galegas, haberá varias actividades en Vilanova de Lourenzá: ás 11 da mañá na Praza do Conde Santo terá lugar o acto institucional da Xunta de Galicia; ás 12:30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas celebrarase unha sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega; e ás 15:00 horas empezará no Campo do Mosteiro unha comida homenaxe a Francisco Fernández del Riego e ás Letras Galegas. Ademais durante todo o día haberá actuacións musicais...

leer más
Etiquetas:
28/04/2023

Desde o CCH explican: “nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos 600€ para gastar no comercio local nun só dia. Isto sí que é felicidade, ter 600€ e gastalos despreocupadamente nun dia! O dia para gastar o premio será no mes de maio ou xuño, a acordar coa persoa gañadora, que terá mañá e tarde en horario comercial para gastar a totalidade do premio. Poderá gastalo tanto en comercios, como en servizos profesionais ou en hostalaría”. 

E engaden: “os interesados poderán participar depositando un tícket de compra de mínimo 20€ nas urnas habilitadas en calquera dos negocios asociados ó CCHV. Permítese a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20€. Os tíckets serán válidos polas compras realizadas dende o venres 28 de abril...

leer más
Etiquetas:
27/04/2023

Acisa Ribadeo pon en marcha a campaña De Ribadeo para mamá, coa que se pretende premiar ás veciñas e veciños deste municipio e da comarca por realizar as compras no comercio local ribadense de cara á celebración do Día da Nai. Esta campaña comeza o 28 de abril e desenvolverase ata o mesmo 7 de maio. Esa xornada a asociación repartirá flores entre as mamás polas rúas de Ribadeo.  

A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, explica que “para esta campaña edítanse 10.000 rifas, que os clientes deben cubrir cos seus datos para entrar no sorteo dunha experiencia de desconexión para dúas persoas, doada por Viaxes Eroski; un bono de seis meses cortesía de BeOne; e 100 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo. As rifas estarán a disposición dos clientes nas tendas asociadas, que se encargarán de...

leer más
Etiquetas:
26/04/2023

AciaFozCCA sorteará 1.500 euros en vales de compra na súa campaña do día da nai. 

Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados entre o 28 de abril e o 7 de maio entrarán no sorteo de 15 premios de 100 euros en vales de compra cada un. 

O sorteo terá lugar o 11 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz a partir das 11 da mañá. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local, no que temos a carón da casa. En Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás polo seu día”. 

E engade: “e tamén toca festexalo coa familia na hostalería local. Contamos cun sector da restauración moi importante, disposto a sorprendernos coas súas propostas...

leer más
Etiquetas:
26/04/2023

O vindeiro sábado, 29 de abril, terá lugar en Ribadeo o Día da Xuventude. Será de 16 a 21 horas no parque de San Francisco. En caso de choiva a xornada trasladarase ao pavillón municipal. 

Esta programación estaba prevista para o pasado 1 de abril, pero adiouse por mor dos tres días de loito oficial decretados polo Concello tras o accidente de tráfico rexistrado en Xove no que perderon a vida catro mozas e mozos de Ribadeo. 

O Día da Xuventude está organizado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables e coa colaboración do Concello de Ribadeo. 

Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades totalmente gratuítas:
Gastronomía...

leer más
Etiquetas:
23/04/2023

No Salón de Actos da Casa da Cultura  ás 19:00 horas o venres, 28 de abril, o Concello de Alfoz celebrará o Día do Libro.

“Vente desfrutar do espectáculo para público infantil e familiar de Brais das Hortas. Grelos e temazos, cun equilibrio variado de formas e estilos – como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudábel! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns. As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae. Entre as cenouras, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao -é o propio!- e os kiwis non paran de brotar bailando ska. Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda á veciñanza para botarlle o sulfato ás viñas. E máis temazos entre guitarrazos, charangazos e un lote de instrumentazos máis. Música e humor...

leer más
Etiquetas:
22/04/2023

A XXXVII edición do Día do Xubilado, que organiza o Concello de Cervo, celebrarase o 1 de maio. A sesión vermú, o xantar e o baile serán nunha carpa instalada na Praza dos Campos.

Os actos empezarán ás 11:30 horas cunha misa na igrexa parroquial de Lieiro, cantada pola coral Terra Mar, de San Ciprián. Ás 12:30 no auditorio da Casa da Cultura haberá unha actuación de Acordeonistas da Mariña.

A partir das 13:30 horas os actos trasladaranse á Praza dos Campos, onde haberá sesión vermú, xantar e baile. A música correrá a cargo da orquestra Trébol.

 

Etiquetas:
10/04/2023

O prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 20 de abril de 2023.

Os lugares para formalizar a inscrición son a Casa do Concello, en Cervo; e a Casa da Cultura, en San Ciprián
 
Ademais, xa se empezaron a desputar na Casa do Mar as partidas do Campionato de Tute e Parchís que reúne a unha vintena de parellas. Os premios entregaranse o mesmo Día do Xubilado.

Etiquetas:
31/03/2023

O Día do Xubilado de Burela celebrarase o vindeiro 23 de abril, segundo deu a coñecer nesta xornada a concelleira de Servizos Sociais, Carmela López. 

A cita será no pavillón dos Institutos a partires das 14 horas. Alí desenvolverase a comida e o baile. Antes haberá unha recepción na Casa da Cultura a partir das 12:30 horas. Aquelas persoas que o precisen disporán de autobús para achegarse ao xantar, que sairán ás 13:30 horas. 

A edil de Servizos Sociais manifestou que “a celebración do Día do Xubilado é unha xornada que potencia as relacións entre as persoas maiores do noso concello, por iso a importancia desta celebración, que cumpre a XXII edición. Dende o goberno local agardamos que sexa un día especial no que compartan momentos de diversión e entretemento”.

Poderán participar no Día...

leer más
Etiquetas:
22/03/2023

Para conmemorar o Día Internacional do Teatro a Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza a representación da obra O porco de pé a cargo de Producións Teatrais Excéntricas. Será mañá, xoves, ás 20:30 horas na Sala Bahía.

É unha obra escrita por Vicente Risco, dirixida por Quico Cadaval e o elenco está formado por tres coñecidos actores: Patricia Vázquez, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.

É unha obra para adultos e o prezo da entrada é de 5 euros.