O Concello de Viveiro sortea 3 lotes de libros para celebrar o Día da Lingua Nai e o Día de Rosalía

O Concello de Viveiro únese á celebración este mércores, 21 de febreiro, do Día Internacional da Lingua Nai, e do Día de Rosalía o venres 23 de febreiro. Por este motivo o Concello de Viveiro anuncia o sorteo de 3 lotes de libros. Poderán participar todas as persoas que acudan o venres 23 a retirar un libro da Biblioteca Municipal ou a facerse socios ou socias da mesma. Haberá un lote de libros para público infantil, outro para público xuvenil, e outro para público adulto.

“Dende a Concellería de Cultura animamos a toda a veciñanza a celebrar estes días tan importantes para Galicia e a cultura galega, reivindicando a nosa lingua e a unha das súas figuras máis relevantes, Rosalía de Castro", sinala a concelleira de Cultura en Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega.