Apaga

Etiquetas:
22/04/2020

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, con sede en Ribadeo, organiza un novo curso a través da súa plataforma de formación on line. Versará sobre vehículos eléctricos e terá unha duración de 100 horas. A inscrición estará aberta ata finais do presente mes de abril. Na actualidade xa hai 20 persoas anotadas. O curso dará comezo en maio. 

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “está xa na nosa web un curso de vehículos eléctricos, con seis apartados totalmente definidos: introdución ao vehículo eléctrico, sistema de almacenamento de enerxía, tracción eléctrica, motores eléctricos empregados nos sistemas de tracción, deseño e integración do conxunto motor e pack de baterías, e finalmente compoñentes adicionais de xestión e control. Este é un curso on line de 100 horas e está aberto a toda a xente que queira facelo. Os...

leer más
Etiquetas:
08/04/2020

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) pon en marcha un curso online sobre son no automóbil. A actividade será gratuíta e poderá realizarse a través da súa plataforma de formación. As persoas interesadas en realizalo deben anotarse en apagaribadeo@gmail.com. O curso estará listo a vindeira semana. Apaga explorará outras vías para seguir coa súa actividade formativa durante o estado de alarma e nos vindeiros meses.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, cre que “debemos poñernos en marcha e convivir coa situación que hai neste momento. Entón nós, desde a nosa plataforma de formación, creo que podemos axudar a continuar co proxecto formativo e que a xente que de momento está nas casas, e teña algún  interese, conte coa posibilidade de poder facer algún curso a distancia”.

... leer más
Etiquetas:
26/03/2020

O Concello, a través da Delegación de Medio Ambiente, que dirixe Toñi Eijo, adheriuse á campaña La Hora del Planeta e apagará o vindeiro sábado, 28 de marzo, de 20:30 a 21:30 horas a iluminación de diferentes edificios públicos, fontes e tamén a das pinturas do porto. 

Toñi Eijo lembra que “esta iniciativa naceu en Sidney no 2007 como un xesto simbólico para chamar a atención sobre o problema do cambio climático. Un sinxelo xesto que consiste en apagar as luces de fogares, negocios, edificios e monumentos durante unha hora”.

A edil burelesa explicou que “este ano, debido ás circunstancias excepcionais que estamos a vivir, propóñennos a todos os cidadáns participar no acto Apaga la luz. Todo irá bien, que consiste en apagar a luz e saír ao balcón ou fiestra o 28 de marzo ás 20:30 horas e enviar a seguinte mensaxe...

leer más
Etiquetas:
30/07/2018

APAGA, a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia con sede en Ribadeo, ultima o VII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que se celebrará na localidade do 29 ao 31 de agosto. Como novidade esta edición inclúe a realización de actividades en Pamplona do 3 ao 5 de setembro, e en Madrid os días 6 e 7 tamén de setembro. En Ribadeo haberá ponencias e talleres sobre aerografía, soldadura, robótica e climatización, entre outros. A participación nas actividades de Pamplona e Madrid está pechada, e para Ribadeo ofértanse 60 prazas das que xa hai máis de 40 cubertas. O prazo de inscrición remata o 15 de agosto.

O presidente de APAGA, Álvaro Doural, dixo que “como todos os anos por estas datas, a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, APAGA, por en marcha o Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos. As datas son...

leer más
Etiquetas:
02/11/2017

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza un novo Fin de semana tecnolóxico, que terá lugar este sábado, 4 de novembro. Trátase dun curso de pintura de vehículos que será impartido por Constantino Gómez, técnico responsable de formación continua na empresa Axalta Coating Systems Spain. A esta cita acudirán profesores de automoción chegados desde Avilés, Santiago, Ponteceso, A Guarda, Verín e tamén Ribadeo, e participarán técnicos de empresas de Barreiros e Ribadeo. No curso abordaranse cuestións como os fondos de última xeración, barnices innovadores ou acabados especiais, entre outras.

O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “nesta ocasión é un curso práctico de pintura de vehículos con seis apartados moi definidos. Por un lado aplicación de fondos de última xeración, bases bicapa, barnices...

leer más
Etiquetas:
28/08/2017

Hoxe, luns, da comezo en Ribadeo o VI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos no que participarán arredor de 70 persoas ata o vindeiro 31 de agosto. O evento está organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia e ten coma destinatarios a mestres da familia de transportes e mantemento de vehículos, a profesionais do sector do automóbil, a alumnos de Formación Profesional, a alumnado universitario e a afeccionados ao mundo do motor. 

O VI Fórum terá unha duración de 21 horas. Haberá charlas pronunciadas por representantes de empresas como PSA, BMW, Bosch ou ZF, que é a primeira vez que vai participar neste evento. Os asistentes tamén participarán en charlas sobre climatización, soldadura, impresión en 3D, son e equipos didácticos. 

As instalacións do hotel O Cabazo, de Ribadeo, acollen o VI...

leer más