Sábados

Etiquetas:
31/08/2021

O Concello de Viveiro, a través de concellería de Cultura, organiza para os últimos tres sábados de setembro (días 11, 18 e 25) unha nova edición de “Sábados de contos”, que conta co financiamento do programa Ler Conta Moito 2021 para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

A edil de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, quixo invitar a todos os pequenos e pequenas do concello a participar nesta actividade co obxectivo de “favorecer a lectura desde a infancia para que se enchan de sabedoría e de cultura”. 

A responsable local insistiu no compromiso do goberno local de fomentar que as nenas e nenos viveirenses poidan “somerxerse nestas aventuras que nos proporcionan os libros e que nos fan medrar cun espírito crítico e con máis liberdade”. ...

leer más
Etiquetas:
06/09/2020

O Concello de Mondoñedo presentou  xunto con Manuel Fariña, presidente da Asociación Galega de Orquestras, e Mónica Barrreira, cantante da orquestra Principal, a programación alternativa de cultura e lecer para os vindeiros dous meses, que se desenvolverá durante todos os sábados, entre o 12 de setembro e o 17 de outubro, con todas as garantías sanitarias e sempre que o permita a evolución dos rebrotes.

Grazas á colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, promoverán o ciclo musical “Sons da Paula”, que pretende traer cada sábado un dúo musical, apostando por cantantes locais como Mónica Barreira e Silvia Campos, e tamén con artistas con tirón mediáticode orquestras como París de Noia ou FaniaBlancoShow, como é o caso de Diego Moreira ou Diego Barbazán, este último, concursante do programa da TVG “A Liga dos cantantes...

leer más