O Concello de Riotorto organiza unha comida de Entroido para o 21 de febreiro

O Concello de Riotorto organiza unha comida de Entroido, que se celebrará o 21 de febreiro, mércores ás 14:30 horas.

O  menú estará composto por sopa, cocido completo, sobremesa e café. Será servido por Mesón O Sarredo e haberá música coa actuación do dúo Muralla. O prezo é de 27 euros por persoa.

As persoas interesadas en participar deben apuntarse nos centros veciñais ou no Concello antes do 18 de febreiro.