Ano
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves coa Alcadesa de Lourenzá, Rocío López García, un acordo de colaboración a través do que a institución provincial destina ao Concello 60.000€ para o financiamento da programación de actos do Ano de Francisco Fernández del Riego. A institución provincial coopera así coa organización dunha ampla serie de iniciativas para dar a coñecer e poñer en valor a vida e obra do tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor laurentino homenaxeado neste 2023 polas Letras Galegas.
As accións desenvolveranse ao longo de todo ano, con especial atención no propio Día das Letras Galegas 2023, o 17 de maio. O Presidente enmarcou esta colaboración na boa relación que se mantén dende a Deputación con Lourenzá, e puxo de manifesto a idoneidade de homeneaxear a Del Riego este...
leer másO presidente da Real Academia Galega recibiu na sede da institución unha representación da Mesa Coordinadora don Paco, creada para canalizar e organizar as actividades de celebración do Día das Letras Galegas 2023, dedicado a Francisco Fernández del Riego, que se promovan dende Lourenzá, o seu concello natal.
Víctor F. Freixanes entrevistouse este venres coa presidenta da coordinadora, a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; o vicepresidente e concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron; Manuel Román Ramos, biógrafo do homenaxeado; e Isabel Vilalba Seivane, membro da coordinadora en representación da Asociación Patrimonio Laurentino.
O presidente da Real Academia Galega agradeceu a visita da Mesa Coordinadora Don Paco e avanzou que a institución, á que Del Riego pertenceu e da que chegou a ser presidente,...
leer más