Artesanía

07/04/2026

O Concello de Cervo celebrará o XIX Encontro de Palilleiras e Feira de Artesanía este sábado, día 11 de abril, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián.

“Con 19 edicións de traxectoria, o Encontro de Palilleiras é unha cita xa plenamente consolidada no calendario do municipio, coa finalidade de poñer en valor unha tradición artesanal de gran relevancia cultural, que se mantén viva grazas á paciencia, á dedicación e á creatividade das persoas que a practican. Durante a xornada, as persoas asistentes poderán gozar da beleza dos traballos artesanais e ver en directo a destreza das palilleiras, contribuíndo así á conservación e á posta en valor dun oficio con gran tradición e séculos de historia”, anuncia o Concello de Cervo, que engade: “o encontro complétase cunha Feira de Artesanía e conta coa colaboración da asociación...

leer más
01/04/2026

A Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns da Mariña organiza a súa primeira iniciativa con motivo dos Días Europeos da Artesanía, que terá lugar o día 8 de abril, mércores, no Forte de San Damián, en Ribadeo. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense anima a participar nestas actividades.

A xornada, impulsada pola asociación de recente creación, realízase en colaboración coa Fundación Pública de Artesanía de Galicia e o Concello de Ribadeo, co obxectivo de poñer en valor a riqueza dos oficios artesáns do territorio.

A creación da asociación está ligada ao traballo desenvolvido nos últimos anos xunto á Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, en iniciativas como A Mariña Artesá ou Obradoiros con Corazón, onde tamén se produciron os primeiros encontros que deron orixe ao colectivo.

... leer más
12/02/2026

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha un nova iniciativa de promoción da artesanía, o programa Mans artesás, co que profesionais da provincia ofrecerán demostracións, obradoiros e cursos de diferentes oficios tradicionais e manuais. Cestería, olería, traballo con coiro, técnicas de tecido ou torneado e tallado de madeira son algunhas das actividades incluídas neste programa, que se desenvolverán en función da dispoñibilidade das artesás e artesáns participantes.

O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da área de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, explicou que “o programa pretende fomentar a presenza da artesanía e dos oficios tradicionais en feiras e actos culturais ou de promoción do territorio e na oferta de actividades formativas ou lúdicas que ofrecen asociacións e colectivos veciñais ao longo do...

leer más
03/12/2025

A Pontenova celebrará a décimo oitava edición da Feira de Antigüidades e Artesanía desde o venres 5 ata o domingo 7 de decembro.

O Concello da Pontenova anuncia que haberá varias actividades paralelas: “IX Xuntanza de Vespas, motos e coches clásicos; demostracións de forxa de ferro, pintura, cestería de mimbre, coiro, torno de madeira, xoias e lámpadas de cabaza; e a exposición fotográfica O Legado das Minas”.

18/08/2025

Do 25 ao 30 de agosto A Mariña acolle o programa Obradoiros con corazón, unha proposta de lecer para desfrutar do verán coñecendo o territorio a través da súa artesanía local deseñada para promover a riqueza artesá da comarca. O programa inclúe nove actividades diferentes en obradoiros situados en Mondoñedo, Ribadeo, Trabada, Viveiro e Ourol. 

Nesta iniciativa, promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, poden participar todas as persoas que o desexen reservando a súa praza a través do enlace: https://amarinalucense.gal/gl/amarina-obradoiros-con-corazon

As prazas son limitadas, xa que cada actividade acollerá un grupo reducido de persoas co obxectivo de garantir unha...

leer más
Etiquetas:
01/08/2025

A edición número 41 da Feira de Artesanía de Viveiro celebrarase do 8 ao 17 de agosto nos Xardíns Noriega Varela. “Contará cunha ampla representación de oficios tradicionais e propostas contemporáneas. Ademais disporá de preto de corenta expositores e incorporará este ano unha programación específica de demostracións artesás no posto denominado Encontros”, anuncia o Concello de Viveiro, que organiza este evento xunto á Asociación Proa, coa colaboración da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia. A inauguración terá lugar o día 8 ás 17.30 horas.

As actividades comezarán o sábado 9 cunha mostra de cantería (de 17.30 a 21.30 horas), á que seguirán o cartón pedra o domingo 10 (de 17.30 a 21.30) e o gravado en vidro o luns 11, tanto en horario de mañá (de 11.00 a 14.30) como de tarde (de 17.30 a 22.00). O xoves 14 será a quenda da...

leer más
02/04/2025

O Alfar dos Muíños, en Mondoñedo, acollerá o este domingo, día 6 de abril, unha xornada de oficios artesáns impulsada pola Xunta en colaboración coa Asociación Profesional de Artesáns dos Muíños e Concello. A iniciativa enmárcase na programación dos Días Europeos da Artesanía, que inclúe máis talleres abertos ao público esta semana en Mondoñedo e noutros lugares de Galicia.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e a concelleira de Turismo de Mondoñedo, Patricia Otero, presentaron as actividades na Delegación Territorial de Lugo xunto con tres dos artesáns participantes: Verónica Page, Maica Juncal e Marcelo Scapinachis.

O domingo o Alfar dos Muíños acollerá obradoiros de torno cerámico, modelado manual e esmaltado, fiado con roca, confección en pel, títeres, estampado artesanal e marroquinería. Os talleres...

leer más
02/12/2024

A Pontenova celebrará a décimo sétima edición da súa Feira de Antigüidades e Artesanía esta semana, desde o venres 6 ata o domingo 8 de decembro.

De maneira paralela á feira haberá a oitava edición da Xuntanza de vespas, motos e coches clásicos; unha exposición de pintores da Pontenova; e tamén demostracións de forxa de ferro, pintura, cestería, coiro, vimbia, madeira, xoias, cantaría e lámpadas de cabaza.

Etiquetas:
02/08/2024

O Concello de Viveiro acolleu a presentación da 40ª Feira de Artesanía, que se celebrará nos xardíns Noriega Varela entre os días 9 e 18 de agosto.

A feira, organizada polo Concello de Viveiro e a asociación PROA, celebra o seu 40 aniversario, consolidándose como unha das máis antigas de Galicia.

Haberá decenas de postos, coa presenza de numerosos profesionais da artesanía e nos que haberá obradoiros e demostracións do oficio.

Con motivo dos catro decenios de actividade da feira o acto de inauguración contará coa colaboración de Carlos Nuevo, Cronista Oficial de Viveiro, e da asociación folclórica Bágoas da Terra.

Haberá tamén unha exposición sobre a feira realizada con motivo do aniversario na sala traseira do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, co obxectivo de poñer en valor a historia do evento.

Etiquetas:
25/07/2024

A feira de artesanía Os Muíños celebrarase no barrio do mesmo nome en Mondoñedo este sábado, día 27 de xullo, de 11 a 21 horas.

Ás 11 horas farase a apertura dos 33 postos de artesanía e gastronomía que haberá na feira. E ás 12:30 horas terá lugar o pregón a cargo de Paula Cabaleiro, que é xestora cultural e comisaria de arte e membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.

A feira está organizada pola Asociación Profesional de Artesáns dos Muíños de Mondoñedo.