Deputación

09/10/2026

A iniciativa denominada Lugo de corazón a corazón achega información e formación sobre hábitos saudables, control dos factores de risco e actuación ante unha emerxencia cardiovascular a persoas de 16 concellos da provincia. O proxecto conta cunha subvención nominativa de 8.217,50 euros da Deputación de Lugo, que explica: “a iniciativa, promovida pola Asociación Lucense de Cardioloxía (ACARLU), busca facilitar o acceso a coñecementos e ferramentas de prevención e autocuidado tamén ás persoas que viven fóra dos grandes núcleos urbanos”. Charlas e coloquios sobre saúde cardiovascular, alimentación, medicación, sinais de alerta e hábitos saudables; formación en reanimación cardiopulmonar (RCP) e utilización de desfibriladores; compleméntanse con actividades físicas adaptadas, camiñadas e espazos de apoio e intercambio de experiencias entre persoas que viven ou...

leer más
02/10/2026

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o experto en turismo e creador de contido, Guido Álvarez Parga (Guido Guía), presentaron na sala de xuntas do Pazo de San Marcos unha campaña audiovisual que achegará ás redes sociais o programa da institución provincial Coñece a túa provincia.

A Deputación explica que “esta iniciativa, amosará, por unha banda, os principais atractivos turísticos dos 67 concellos, e por outra, dará a coñecer esta programación gratuíta da institución provincial que xa vai pola sexta edición. A campaña inclúe unha serie de vídeos nos que o espectador poderá coñecer os recursos paisaxísticos, patrimoniais, culturais e gastronómicos da provincia, ademais de achegar curiosidades e aspectos menos coñecidos do territorio. Desde a Mariña ata a Montaña, desde a Ribeira Sacra ata a Terra Cha, serán...

leer más
Etiquetas:
01/09/2026

A Deputación de Lugo retomou este martes a segunda quenda da sexta edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, a iniciativa posta en marcha pola institución provincial co obxectivo promover o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio. Durante os meses de setembro e outubro realizaranse 54 viaxes nas que participarán máis de 1.200 persoas de 32 concellos de toda a provincia.

O deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, recibiu na produtora de audiovisuais da institución provincial aos membros da Asociación de Veciños das Carballeiras de Bosende Paredes Anguieiro, de Lugo, que este martes visitan o faro de Punta Roncadoira, a contorna do Cabo de Morás ou as praias de Lago e Esteiro.

Así mesmo o Deputado de Promoción Económica e Social,...

leer más
23/07/2026

O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, achegouse ao recinto do Vendaval Fest, de Ribadeo, onde a Asociación Catro Caños traballa nos últimos preparativos para a cuarta edición do festival, que se celebra este venres e sábado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que anuncia: “Dakidarría, The Real Mckenzies, El Drogas, Hamlet, Benito Kamelas, Ruxe Ruxe, Hermana Furia, Ochobre, Las Moskas Retrompeteras, The Lizards e Demenzia Social completan o cartel do festival,  con concertos a partir das 18.30 horas no recinto do festival. A música tamén chegará as rúas ribadenses, con actuacións gratuítas pola vila o sábado 25 ao mediodía da man das bandas tributo Lija&Terciopelo e La Green River Band”.

Daniel García valorou o traballo da organización, que “puxo Ribadeo no mapa de festivais que temos na comarca e no...

leer más
27/06/2026

O deputado provincial de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e Esteban Girón, membro da organización do Resurrection Fest, presentaron nos xardíns do Pazo de San Marcos (Lugo) a vixésimo primeira edición do festival. A cita internacional do hardcore, metal e punk celebrarase do 1 ao 5 de xullo e contará un ano máis cun patrocinio de 150.000 euros da Deputación de Lugo, institución que apoia este evento desde a súa primeira edición.

Rivera Capón puxo en valor o crecemento experimentado polo Resurrection Fest e a proxección internacional que lle achegou á Mariña e á provincia de Lugo, ao tempo que lembrou a figura do entón alcalde Melchor Roel, que “soubo ver unha oportunidade onde outros podían ver unha aventura incerta”. Salientou que o Resurrection Fest é “un claro exemplo de como a cultura pode crear riqueza, actividade...

leer más
23/06/2026

A Deputación de Lugo abriu o prazo para que todas as persoas interesadas poidan inscribirse na nova programación de actividades gratuítas e de lecer que organiza a institución provincial para este terceiro trimestre do ano. O calendario inclúe 12 propostas que tratan de fomentar o lecer saudable e a educación ambiental nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, xestionadas pola propia Deputación. A programación estenderase dende o 16 de agosto ata o 3 de outubro e inclúe un total de 190 prazas para toda a veciñanza.

As actividades na Reserva Terras do Miño iniciaranse a semana do 31 de agosto ao 4 de setembro co obradoiro Rematando o verán, en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 15 prazas e está dirixido a nenos e nenas.

A...

leer más
16/05/2026

O programa da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo Da Escola á Granxa financiará na súa  cuarta quinta edición 210 actividades formativas en granxas e producións agroalimentarias da provincia, nas que participarán máis de 6.000 nenas e nenos de 74 centros educativos.

O deputado provincial Daniel García achegou estes datos sobre a quinta convocatoria do programa nun encontro que mantivo con representantes das 45 granxas e proxectos de emprendemento no rural que participan nesta edición do programa, “pioneiro no momento da súa posta en marcha e referente para institucións públicas e privadas”.

O acto, que contou tamén coa presenza de asociacións gandeiras que veñen colaborando activamente co programa -Asoporcel, Boaga, Ovica, Puraga, Avimós, a Asociación Galega de Apicultura ou Casa do Mel...

leer más
Etiquetas:
08/05/2026

Este xoves, 7 de maio, presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputa esta fin de semana coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, principal patrocinadora da proba.

A Vicepresidencia da Deputación explica que “o rally, que foi gañando participantes e afección de forma sostida ao longo dos anos, alcanza nesta edición unha participación record, con 128 pilotos inscritos. As estradas do Vicedo, Xove e Cervo acollerán os tres treitos cronometrados da proba, que se disputarán en tres pasadas ao longo da xornada do sábado".

O deputado provincial Daniel García e o responsable de Mix Rally Sport Ignacio Dávila presentaron o rally nun acto que contou con representantes municipais e con pilotos locais.  O deputado mariñao valorou esta participación comarcal como “un dos aspectos máis destacados da
...

leer más
17/04/2026

A XXI edición do Resurrection Fest, de Viveiro, que se celebrará do 1 ao 4 de xullo neste municipio mariñán, contará un ano máis cun patrocinio da Deputación de Lugo de 150.000 euros. Así o anunciou a deputada provincial Pilar García Porto, tras a reunión da Xunta de Goberno deste venres e detallou: “demos luz verde a este contrato de patrocinio para apoiar un festival consolidado como un dos grandes referentes internacionais no ámbito do rock e do metal”.

Valorou García Porto que “cada ano, desfrutan deste evento milleiros de persoas chegados de diferentes puntos de España e do estranxeiro, polo que o Resu contribúe a situar a nosa provincia no circuíto dos grandes eventos musicais”. Nese sentido recalcou que a institución provincial colabora “ano tras ano porque apoiando este tipo de iniciativas estamos apoiando a economía local, xerando...

leer más
Etiquetas:
14/04/2026

O programa da Deputación Coñece a túa provincia leva estes días a 130 veciños e veciñas de viaxe por cinco destinos lucenses. Desde hoxe e ata o venres, colectivos do Saviñao, Ribadeo, Lugo, Taboada e Xermade terán a posibilidade de descubrir diferentes rutas pola Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra de xeito gratuíto. A iniciativa da institución provincial permitiralles descubrir tesouros do patrimonio lucense como as praias virxes do Vicedo, a Abadía de San Clodio, a Reitoral de Gundivós ou as pallozas de Piornedo.

Hoxe, a asociación Terra do Toxo do Saviñao viaxa ao Vicedo e Irmanamento de Ribadeo desprázase a Ribas de Sil e Quiroga en rutas simultáneas. Os dous colectivos fixeron parada en Lugo, os primeiros para visitar o Mazo de Santa Comba e os segundos, o Centro de Interpretación Terras do Miño. A asociación Castro Celta de...

leer más