Clausura
O Concello de Burela, a través da Delegación do Mar e Servizos Sociais, convida a toda a veciñanza a participar da xornada de clausura do proxecto Burela IN, que terá lugar o día 27 de setembro en horario de tarde na Casa da Cultura. Unha iniciativa que promoveu a economía circular mediante a colaboración de entidades de inclusión social, sector pesqueiro e Concello de Burela ao longo de dúas anualidades.
Nesta xornada final serán as entidades participantes as que teñan o papel protagonista, “finalizando o Burela IN como se merece, poñendo en valor todas accións postas en marcha e a contribución imprescindible de todas as persoas e entidades participantes”, asegurou a concelleira do Mar e Servizos Sociais, Carmela López.
Neste senso, farase unha recepción no espazo habilitado para a exposición de produtos...
leer másXa están a disposición dos interesados os tíckets para acudir á XXI Clausura Oficial Edición Das Escolas Deportivas,que será o vindeiro 27 de maio ás 22:00 horas cunha gran cea na Feira Nova.
Os nen@s estarán invitados (os tíckets distribuiranse nos adestramentos) e para as familias están á venda en Morrigan e Neli. Os tíckets de adulto terán un prezo simbólico de 10 euros e os nenos pequenos que non formen parte das Escolas 5 euros. O prazo para a retirada dos mesmos será o 25 de maio.