Humidais
Este ano co gallo do Día Internacional do Humidais o Concello de Ribadeo, en colaboración Enrique Sampedro Miranda administrador blog Ría de Ribadeo, celebra de novo esta efeméride.
O vindeiro sábado, 2 de febreiro, desde o Concello “invitámoste a redescubrir a Ría de Ribadeo, incluída na Rede Natura 2000 e no convenio Ramsar, declarada Zona Húmida de Importancia Internacional, e polos seus valores en diversidade biolóxica declarada Reserva da Biosfera. É na actualidade un dos humidais máis importantes de Galicia polos seus valores ecolóxicos e diversidade”.
O vindeiro sábado ás 11:30 horas na Casa da Xuventude haberá unha conferencia titulada Ría de Ribadeo, 25 anos de Humidal de Importancia Internacional. Evolución e estado actual, a cargo de Enrique Sampedro Miranda (blog Ría de Ribadeo).
... leer másO Concello de Ribadeo, como cada ano, únese á celebración do Día Mundial dos Humidais. Así, neste 2018, o 3 de febreiro levaranse a cabo dúas actividades encamiñadas a aumentar a sensibilización e o coñecemento da Ría de Ribadeo como berce de diversidade biolóxica.
Desde a Concellaría de Turismo subliñan que “como xa é coñecido, esta ría constitúe un dos principais humidais do litoral norte de Galicia, motivo polo cal está declarada como Humidal de Importancia Internacional, así como Zona de Especial Protección para as Aves ou Reserva da Biosfera, entre outras figuras de protección”.
E engaden que “desta vez, as protagonistas serán as aves, para isto contaremos coa colaboración de Carlos Sanjurjo, Gilberto Sánchez Jardón e Óscar Chao, todos eles afeccionados á ornitoloxía e grandes coñecedores do humidal situado...
leer más