Mariña
Este xoves, 7 de maio, presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputa esta fin de semana coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, principal patrocinadora da proba.
A Vicepresidencia da Deputación explica que “o rally, que foi gañando participantes e afección de forma sostida ao longo dos anos, alcanza nesta edición unha participación record, con 128 pilotos inscritos. As estradas do Vicedo, Xove e Cervo acollerán os tres treitos cronometrados da proba, que se disputarán en tres pasadas ao longo da xornada do sábado".
O deputado provincial Daniel García e o responsable de Mix Rally Sport Ignacio Dávila presentaron o rally nun acto que contou con representantes municipais e con pilotos locais. O deputado mariñao valorou esta participación comarcal como “un dos aspectos máis destacados da
...




