Rally
O deputado de Deportes, Efrén Castro, presentou esta mañá a primeira edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputará o vindeiro sábado nos concellos de Viveiro, Xove, Cervo e O Vicedo.
A carreira, que levará por primeira vez á comarca unha competición do Campionato Galego de Rally, reunirá na súa estrea 72 pilotos entre os que destacan Iago Caamaño, Alberto Meira ou o lucense Adrián Díaz.
O deputado de Deportes, Efrén Castro, subliñou “a boa acollida que a proba tivo entre os pilotos” e amosouse confiado en que “veña para quedarse” no calendario do automobilismo galego e “cubrir un oco que ata agora estaba baleiro na Mariña pese a afección ao motor que hai na comarca, coma no resto da provincia e mesmo Asturias, de onde seguro tamén chegarán siareiros”.
O presidente da escudería...
leer másO Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, avanzou que a sétima edición da Subida á Pontenova, que terá lugar durante a fin de semana do 2 e 3 de xuño, conta co principal patrocinio cunha achega de 7.000 euros da Deputación e 4.000 euros do Concello, que este ano aumentou o número de participantes con respecto ao ano pasado. Un evento deportivo que, pese ao seu recente nacemento, no ano 2011, xa está consolidado dentro do calendario autonómico, como proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña.
O Goberno da Deputación decidiu colaborar na organización desta popular subida cunha achega de 7.000 euros para promover o turismo e dinamizar a economía da localidade mariñá, posto que o evento reunirá a uns corenta pilotos e milleiros de afeccionados, chegados de toda a xeografía galega e das localidades veciñas...
leer más