Concellos

Etiquetas:
11/05/2022

Onte presentouse en Muras a cuarta edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputará o vindeiro sábado nos concellos de Muras, Ourol, Cervo, Xove, O Vicedo e Viveiro, onde se situarán o parque de reagrupamento (na zona do Grallal, Covas)  e o
parque de asistencias (Lavandeiras, Celeiro).

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega 24.000 euros para a organización da proba, a terceira no calendario do Campionato Galego de Rally de Asfalto, que conta con 88 equipos inscritos,  a mellor cifra de participación das edicións celebradas, incrementando notablemente a da pasada edición -na que se anotaran 67 equipos-.

Entre os participantes figuran 14 equipos da Mariña e Ortegal, tres deles debutantes nunha proba desta categoría. Ademais da representación local, destacan nomes como o de Víctor Senra, Alberto...

leer más
19/02/2019

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou este mércores na Praza Maior de Viveiro, a cuarta edición doRaid Gallaecia, unha proba multideportiva que se celebrará entre o 10 e o 19 de maio nos concellos da Comarca da Mariña e en Muras, e na que participarán máis de 150 deportistas de todo o continente. No acto, Campos Conde estivo acompañado polo Deputado de Deporte, Pablo Rivera Capón,a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o Presidente da Mancomunidade da Mariña, Alfredo Llano García, os organizadores e representantes de varios dos concellos polos que descorrerá a proba.

O Presidente destacou que “A Mariña descóbrese como espazo cunha gran potencialidade para as competicións que unen deporte e o patrimonio natural, así se demostrou fai unhas semanas co Illa Pancha Challenge, un evento que encheu Ribadeo de...

leer más