8M

Etiquetas:
04/03/2026

O Concello de Viveiro desenvolverá os días 7 e 13 de marzo unha programación especial con motivo do Día Internacional da Muller. Proporá varias actividades “orientadas á visibilización da historia das mulleres, á convivencia e á reflexión arredor da igualdade”.

A programación comezará este sábado, día 7 de marzo, ás 12.00 horas, na Sala Multiusos do Concello, coa presentación da nova edición do Roteiro en feminino e coa lectura do manifesto do 8M. A continuación terá lugar a actividade Ruta en feminino, un percorrido polas rúas de Viveiro para poñer en valor a historia das mulleres da vila. A ruta contará co acompañamento de Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro, e desenvolverase en colaboración coa Asociación Mulleres en Igualdade Viveiro e con Antonio Lage Seara. A xornada do 7 de marzo completarase cunha comida...

leer más
Etiquetas:
02/03/2026

O Concello de Lourenzá organiza varias actividades con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. Serán os días 3, 8, 9, 13 e 16 de marzo, anuncia a alcaldesa, Rocío López.

Este martes, 3 de marzo, haberá o obradoiro titulado A mimosa, flor do feminismo, co alumnado do taller de memoria de Lourenzá.

O domingo 8 terá lugar a charla co título Prevención secundaria centrada na muller, a cargo de Alba Blanco Vázquez (médica de Atención Primaria no Centro de Saúde de Lourenzá). Será no salón de actos do Concello ás 17:30 horas e contará con acompañamento musical a cargo do grupo Os dos martes, da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.

Ademais desenvolverase o taller titulado Ao son das mulleres, en tres sesións: o luns 9 de marzo na Escola de San Adriano de 19:00 a 20...

leer más
Etiquetas:
02/03/2026

O Concello de Trabada conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación especial centrada na saúde e no benestar das mulleres, a través da celebración de dúas charlas informativas que terán lugar na Casa da Cultura de Trabada o luns 9 de marzo.

A xornada contará con dúas sesións diferenciadas. A primeira delas desenvolverase en horario de 11:00 a 13:00 horas, baixo o título Coñece a túa peri/menopausia, e estará enfocada en ofrecer información e ferramentas para comprender esta etapa vital desde unha perspectiva próxima e divulgativa. Pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas, celebrarase a charla Coñece e coida o teu solo pelviano, centrada na prevención, coidado e saúde do solo pelviano.

Para participar nas charlas é necesaria inscrición previa, que poderá realizarse a través do...

leer más
Etiquetas:
24/02/2026

O Concello de Ribadeo, a través da Área de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), ven de presentar a programación con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, cun conxunto de actividades dirixidas a diferentes públicos e idades, co obxectivo de seguir avanzando na sensibilización, na educación en igualdade e na reflexión colectiva arredor dos dereitos das mulleres.

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explicou que “a programación arrinca o día 25 de febreiro coa posta en marcha dos obradoiros afectivo-sexuais impartidos pola cooperativa Prisma, dentro do programa O Concello cos Coles. Estes obradoiros están dirixidos ao alumnado de 3° e 4° de ESO, ao alumnado de FP básica e de 5º e 6º de Educación Primaria e abordarán cuestións fundamentais como a educación emocional, o respecto nas relacións, os...

leer más
12/03/2025

Este venres, día 14 de marzo, ás 11:30 horas o Concello de Barreiros inaugurará a exposición titulada Mulleres por Mulleres na carpa da Praza do Concello, en San Cosme. É unha mostra que recolle as historias de vida de 12 mulleres barreirenses, poñendo en valor os seus logros e achegas.

Esta exposición estará na Praza do Concello de Barreiros ata o 31 de marzo e a partir de abril trasladarase aos centros escolares para que o alumnado coñeza ás mulleres protagonistas destas historias.

Etiquetas:
06/03/2025

O 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, o Observatorio da Mariña pola Igualdade convoca á Mariña Lucense para “recoñecer a historia dos dereitos políticos, sociais e económicos das mulleres. Temos que seguir loitando por un mundo igualitario, libre de violencia e discriminación. Facemos unha chamada á cidadanía para que se anime a participar e formar parte dun movemento que trata de sensibilizar á sociedade na necesidade de avanzar cara a igualdade e erradicar o patriarcado. Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade convocamos unha manifestación feminista para o vindeiro sábado 8 de Marzo ás 18:00 horas en Ribadeo baixo o lema Feminismo para transformar a vida das mulleres”.

A manifestación sairá desde o aparcadoiro de camións próximo ao IES Dionisio Gamallo, de Ribadeo.

Etiquetas:
05/03/2025

A Área de Igualdade do Concello presenta unha ampla programación para conmemorar o Día Internacional da Muller. A concelleira Begoña Sanjurjo explica que “teremos exposicións, teatro, concursos, cine e mobilizacións, as actividades buscan recoñecer o papel das mulleres ribadenses no pasado e no presente, así como fomentar a reflexión sobre os retos aínda pendentes en materia de igualdade”.

A edil de Igualdade sinala que “dentro duns días poderemos gozar no parque de San Francisco da exposición Mulleres x mulleres. Con esta mostra pretendemos promocionar e valorar o potencial das mulleres de Ribadeo do pasado, do presente e do futuro dando a coñecer o valor dos seus logros, creación, achegas… Os centros educativos participarán nunha actividade para achegar esta realidade ás novas xeracións”.

Sanjurjo segue a...

leer más
Etiquetas:
03/03/2025

Co gallo do Día Internacional da Muller, o Concello de Trabada organiza unha sesión de cine especial dentro do programa "Cine na Rúa", ofrecendo a proxección do filme "Oro Blanco". A cita terá lugar o vindeiro 7 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura.

"Oro Blanco" é unha película que aborda a loita dunha muller nun ambiente hostil dominado polo medo, resaltando valores de resiliencia, coraxe e determinación. A escolla deste filme non é casualidade, xa que representa á perfección o espírito do 8M, un día para reivindicar os dereitos das mulleres e reflexionar sobre os desafíos que aínda están por superar.

Desde o Concello de Trabada convidamos a toda a veciñanza a participar nesta actividade, que busca non só ofrecer unha experiencia cinematográfica de calidade, senón tamén xerar un espazo de reflexión e...

leer más