Eido Dourado

17/08/2018

O concerto que A Banda da Loba ofrecerá o vindeiro domingo, 19 de agosto,  no Eido Dourado servirá como despedida deste espazo, que pecha as súas portas tras dez anos dun proxecto dedicado ao arte e situado na praia barreirense de A Pasada. Acaba o ciclo de concertos Sons no solpor e péchase o Eido Dourado, que durante dez veráns acolleu infinidade de actuacións musicais, recitais de poesía, visitas guiadas e talleres para nenos e nenas, entre outras actividades. O artista Celso Dourado asegura que o espírito do Eido Dourado seguirá, pero fora de Barreiros.

Dourado anunciou que “neste concerto de despedida do Eido Dourado imos contar cun grupo ao que lle teño moito cariño. É un grupo, de nome A Banda da Loba, de música galega e integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias para crear un proxecto común. Mesturan o pop, o...

leer más
10/08/2018

O Eido Dourado acollerá este domingo, 12 de agosto, un novo concerto do ciclo musical Sons no solpor, que correrá a cargo da cantante galego-suiza Nastasia Zürcher. Será a partires das 22:00 horas nos xardíns do Eido Dourado, a carón da praia da Pasada, en Barreiros.

O artista barreirense Celso Dourado anunciou: “contaremos coa presenza de Nastasia Zürcher, é unha vella coñecida, xa actuou hai dous ou tres anos, cando iniciaba a súa carreira aquí. Ela viña de Suiza, xa tiña suficientes táboas e por circunstancias trasladouse a vivir a Galicia”.

Celso Dourado explicou que “é unha cantante nada en Xenebra no ano 1988. É unha compositora galego-suiza e está galardoada cun sinfín xa de premios pese á súa xuventude, como poden ser no Galician Music e nos Martin Códax, como cantante revelación no ano 2016. Actuou nun...

leer más
03/08/2018

O trío de pandereteiras Tanxugueiras actuará o vindeiro domingo, 5 de agosto, no Eido Dourado, en Barreiros, a partir das 22:30 horas. O artista barreirense Celso Dourado subliña que estamos diante dun grupo extrovertido e orixinal, procedente de Teo e do Barbanza, que recolle a música popular e as tradicións das súas aboas.

Celso Dourado explicou que “este vai ser o terceiro concerto se o tempo nos axuda, esperemos que si. Os dous anteriores foron tremendamente concorridos e esperamos que este non deixe de selo. Nesta data do 5 de agosto, o vindeiro domingo, a partir das dez e media da noite, contaremos coa presenza das Tanxugueiras. É un trío que xa pretendemos traelo o ano anterior, pero por circunstancias de axenda non puideron vir”.

Dourado contou que “este trío está composto por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e...

leer más
27/07/2018
O Eido Dourado en Barreiros continúa este domingo, día 29, co seu ciclo Sons no Solpor. Barahunda é o grupo que actúa esa noite. 
 
O artista barreirense Celso Dourado contou que “este domingo, esperemos que o tempo nos acompañe como o pasado que foi unha noite marabillosa, traemos a Barahunda. É unha formación composta esencialmente por Helena de Alfonso, José Lara Gruñeiro e Txema Mawenya”.
 
Dourado explicou que “este grupo colabora habitualmente con outros varios músicos, e é unha formación que evoluciona sempre en torno á voz da súa líder, unha voz preciosa e magnífica que é a cantante e investigadora Helena de Alfonso. O compositor José Lara é quen lle dá forma ás diferentes composicións e é unha voz realmente que apaixona, actuou fai uns...
leer más
20/07/2018

O Eido Dourado continuará este domingo, 22 de xullo, co seu ciclo musical Sons no solpor. O concerto desa xornada correrá a cargo de Milesios, un grupo de música tradicional galega e irlandesa. A actuación dará comezo ás dez e media da noite, nos xardíns do Eido Dourado, a carón da praia da Pasada en Barreiros.

O artista barreirense Celso Dourado anunciou que “o domingo, no Eido Dourado, entre as dez e cuarto e dez e media da noite, temos unha nova cita. Neste caso vai ser con outro grupo referente do panorama folk galego. Forma parte do ciclo musical Sons no solpor do Eido Dourado, e imos ter a actuación do grupo Milesios”.

Dourado explicou que “Milesios é unha formación que xa ten dez anos, nace no 2009. Une o seu interese pola música tradicional galega e irlandesa dende as súas primeiras actuacións que foron en...

leer más
13/07/2018

O espazo artístico Eido Dourado, situado a carón da praia da Pasada, en Barreiros, comeza este domingo, 15 de xullo, o seu ciclo de concertos Sons no solpor, coa actuación de Agüeira Project. Será a partir das 22:30 horas. Tamén volverán nuns días as queimadas proletarias mesturadas con música de raíz no Cámping Gaivota.

O artista barreirense Celso Dourado anunciou que “as actividades van empezar este domingo próximo, día 15, cun concerto. Vai haber un concerto como sempre, a partir das dez e media, coa caída do sol, que abrirá o ciclo musical Sons no solpor do Eido Dourado. Imos escoitar un proxecto novo chamado Agüeira Project. Podemos dicir que despois dunha exitosa carreira musical, o guitarrista alemán Reinhold aséntase definitivamente, creo que no 2005, en Santalla de Oscos á beira do río Agüeira. Establece un hotel rural, La Casona...

leer más
29/06/2018

O Eido Dourado abrirá as súas portas o vindeiro domingo, 1 de xullo, na que será a súa décima tempada. O horario de visita deste espazo dedicado á arte, situado a carón da praia da Pasada en Barreiros, será de martes a domingo de 11:30 a 13:30 horas pola mañás e de 18:00 a 21:30 horas polas tardes. O artista barreirense Celso Dourado, promotor deste proxecto, anuncia que a mediados de xullo dará comezo o ciclo de  concertos Sons no Solpor no Eido Dourado.

Celso Dourado manifestou que “arrancamos unha nova tempada, van xa dez con esta, e abrimos o espazo Eido Dourado para o público cunha exposición renovada, na súa meirande parte, e cunha serie de actividades vinculadas case esencialmente á música. Abriremos o vindeiro domingo, 1 de xullo, en horario de once e media a unha e media polas mañás, e de seis a nove e media da tardiña. Os luns...

leer más
24/08/2017

O Eido Dourado pechará as súas portas este verán o vindeiro domingo, 27 de agosto. O artista barreirense Celso Dourado fai unha valoración moi positiva desta tempada na que promoveu unha ducia de concertos tanto nos xardíns do Eido como no cámping Gaivota. Celso Dourado anuncia que cara a vindeira tempada posiblemente se limitará o acceso aos concertos a 150 persoas para que todas poidan gozar comodamente destas citas ao solpor.

Celso Dourado anunciou que “o vindeiro domingo, día 27, pechamos a novena tempada do Eido Dourado. Acostumamos a pechala cara a finais de agosto, pero este ano por circunstancias de calendario decidimos adiantalo ao vindeiro domingo”. 

Dourado relatou que “este verán desenroláronse cun grande éxito os laboratorios creativos, que están conducidos pola artista e profesora Lucía Vila. Tivemos...

leer más
18/08/2017

A polifacética artista galega Mónica de Nut actuará o vindeiro domingo, 20 de agosto, nos xardíns do Eido Dourado en Barreiros. Será o broche de ouro aos concertos do ciclo Sons no Solpor que se viñeron celebrando durante este verán. A actuación comezará sobre as dez da noite e a entrada é gratuíta.

O artista barreirense Celso Dourado comentou que “este domingo imos poñer fin ao ciclo musical Sons no Solpor que celebramos os domingos durante os meses de xullo e agosto, e ímolo facer coa que eu considero posiblemente a cantante máis vangardista que temos no panorama do canto en Galicia, con Monica de Nut”.

Celso Dourado subliñou que “Mónica de Nut é unha cantante tremendamente polifacética. Podemos dicir que canta ópera, jazz, músicas de raíz e sobre todo música experimental. Ten unha experiencia grande na...

leer más
11/08/2017

O ciclo de concertos Sons no solpor no Eido Dourado, en BarreIros, continúa este domingo, 13 de agosto, coa actuación do grupo Odaiko Percusión. Dará comezo ás 22:00 horas e Celso Dourado convida a asistir para presenciar este concerto dun grupo moi coñecido en Galicia.

O artista barreirense explicou que “neste caso trátase case máis que dunha actuación dun verdadeiro espectáculo de percusión, estamos a falar dun grupo de percusionistas moi coñecido en Galicia que se chama Odaiko Percusión”.

Celso Dourado contou que “este grupo está formado habitualmente por catro compoñentes, son uns grandes expertos no emprego de todo tipo de instrumentos que orixinan un son moi especial. Fan un espectáculo que combina todo tipo de instrumentación máis ben relativa á percusión contemporánea, incluso con elementos de nova...

leer más