paneis

Etiquetas:
02/11/2020

O Concello de Viveiro acollerá esta semana a exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, dedicada a Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.

Esta mostra, composta por 13 paneis, poderá visitarse na sala de exposicións da biblioteca municipal do 2 ao 7 de novembro. Organizada polo Colectivo Egeria, reflicte as “pegadas de Carballo Calero en Lugo”, onde permaneceu quince anos (1950-1965) e desenvolveu unha moi importante actividade na investigación, na educación e na escrita. 

No seu período en Lugo, Ricardo Carballo Calero leu e publicou a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e comezou a publicación da súa monumental Historia da Literatura Galega contemporánea. 

A inauguración da exposición, na que estará a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e...

leer más