Costa da Morte
07/07/2025
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta Camiño dos Faros, pola Costa da Morte, para este sábado, día 12 de xullo. A distancia a percorrer son 12 quilómetros, desde Merendeiro de Soesto por Camelle ata Araou, e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante en Vimianzo.
A saída será ás 07:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas deste mércores, 9 de xullo. O prezo é de 50 euros para os socios do colectivo organizador e de 55 euros para os que non o son.
25/03/2015
O grupo de sendeirismo da ACD Xove desprazarase ata a Costa da Morte o 12 de abril. Será para facer a primeira etapa da Ruta O Camiño dos Faros, que discorrerá entre Malpica e a praia de Niñóns. Son 22 quilómetros de percorrido “por unha costa espectacular”.
O colectivo comezou o pasado domingo, día 22 de marzo, o seu programa de Rutas para o presente ano 2015. “Nesta primeira ruta, o Grupo non saíu da Mariña, pois fixemos a Ruta Praia das Catedrais - Porto de Foz de 20,5 km. O Grupo desprazouse en autocar ata a Praia das Catedrais onde fixeron a saida ás 10:30 da mañá e chegou ao Porto de Foz, a primeira hora da tarde, onde os esperaba o autobús para levalos de volta a Xove”, explican desde a ACD Xove.
Os organizadores engaden que...
leer más