Banda O Landro

30/05/2026

A Banda de Música O Landro, de Viveiro, presenta o ciclo de concertos titulado Matinais no Templete, que serán os domingos 31 de maio, 21 de xuño e 19 de xullo no Templete da música que hai nos Xardíns Noriega Varela.

O primeiro será este domingo, día 31 de maio, as 13:00 horas; o segundo está programado para o domingo 21 de xuño, tamén ás 13:00 horas; e o terceiro está previsto para o domingo 19 de xullo ás 13:30 horas, comezará ao rematar a procesión do Carme.

Neste ciclo colaboran a Concellería de Cultura do Concello de Viveiro e a Comisión de Festas do San Roque.

20/03/2026

Este sábado, día 21 de marzo, a Banda de Música Landro, de Viveiro, ofrecerá un concerto no que se presentará a marcha gañadora do IV Certame de Composición Blas García Liz, obra titulada Os Caladiños que compuxo Alberto Aneiros Vilariño.

A actuación, titulada Éxodo, será na igrexa de San Francisco ás 20:30 horas. Está incluída no programa de difusión cultural e relixiosa ADRAL 2026, que organiza a Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro.

 

17/11/2025

A Banda de Música O Landro, de Viveiro, ofrecerá o seu tradicional concerto na honra de Santa Icía, patroa dos músicos, este venres, día 21 de novembro, ás 21:00 horas no Teatro Pastor Díaz.

“Esta vez estará dirixido por un director convidado: Iván Martínez. Agardámosvos e esperamos que sexa do voso agrado este concerto”, anuncia a Banda de Música O Landro.

A entrada é de balde ata completar aforo. A taquilla do teatro estará aberta desde un hora antes do concerto e poderán recollerse un máximo 4 entradas por persoa.