Xogos
Dous tobogáns acuáticos encherán de diversión a Praza do Concello de Burela do 26 ao 29 de agosto. Deste xeito especial quere pechar a Concellería de Deportes as escolas deportivas de verán e a ocioteca. Xoves e venres serán as rapazas e os rapaces destas actividades os que disfrutarán desta proposta. E sábado e domingo estarán abertos a todo o público. Só á preciso anotarse á chegada.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, contou que “desde a Concellería de Deportes de Burela imos pechar este verán dándolles un pequeno premio a todos estes nenos e nenas que estiveron participando nas escolas deportivas municipais e a aqueles que estiveron na ocioteca. Imos ter unha actividade onde imos compaxinar o deporte cos tobogáns acuáticos que son espectaculares e imos telos na praza do Concello desde mañá ata o día 29”.
... leer másAs nenas e os nenos de Burela disfrutarán de inchables e xogos do 28 ao 30 de decembro no pavillón dos institutos, segundo deu a coñecer hoxe o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey.
O edil explicou que “a intención era facer esta actividade na praza da Mariña, pero como a previsión do tempo para eses días é de auga decidimos trasladalas ao pavillón dos institutos. De todos os xeitos, si algunha xornada fose seca poderíamos levar os inchables ao exterior”.
Unha das maiores atraccións será un tobogán deslizador con efecto neve: “é a primeira vez que se conta con el na Mariña. Está destinado a todas as idades, para os nenos e as nenas e os seus pais e nais. Este inchable é para toda a familia. Hai outros que só son para @s nen@s”.
Fernández Rey dixo que “será necesario...
leer másMañá martes, 28 de abril, é o Día da Educación Física. Os profesores desta disciplina de once centros da Mariña -entre os que se atopan o CEIP Península da Paz e o CEIP de Cervo- propoñen un divertido reto, no que animan ao seu alumnado a cambiar o C de Calle polo C de Casa para facer:
Os Xogos Olímpicos da Mariña desde a Casa.
Como participar:
1. Constrúe un facho similar ao que amosan os profes no vídeo
2. Fai una gravación practicando un deporte olímpico. Se podes implica á túa familia.
3. No vídeo están lanzando un desafío. Acéptao collendo o relevo da antorcha olímpica. O inicio do vídeo debe ser recollendo o facho, que ten que entrar pola vosa dereita, e debe finalizar lanzándoo pola vosa esquerda.
4. O vídeo non durará máis de 15 segundos e gravarase en horizontal.
5 Envía o...
Librería Bahía de Foz organiza o domingo, 15 de decembro, unha xornada de xogos de mesa con Brazolinda a partir das 12:00 horas.
Trátase de xogos de creación propia, en galego e artesanais que, ademais do seu carácter educativo, axudan a desenvolver habilidades tanto intelectuais como sociais e que están pensados para xogar en familia.
O obxectivo é contribuír a que a xente coñeza outras alternativas que non chegarán a eles a través da publicidade nos seus diversos medios e que aportan moitas veces valores moi interesantes.
A Casa da Cultura de O Vicedo acolle o venres, 26 de xaneiro, unha noite de xogos de mesa, que tamén terá unha edición de tarde para nen@s.
As actividades desenrolaranse cos xogos Tabú, Pasapalabra, Party & Co, Superpoly, 4 en Liña, Xadrez, Parchís, Fantamas Blitz, Torre Equilibrio, Oca, Scrabble e Pictionary entre outros.
A xornada desenvolverase entre as 17:00 e as 20:00 horas para nen@s de 4º a 6º de primaria, e de 21:30 a 00:00 horas para maiores de 12 anos (incluíndo adultos).