Xoguetes

Etiquetas:
22/11/2021

A Fundación Expomar e a Delegación de Inmigración, Cooperación e Integración do Concello de Burela veñen de lanzar unha campaña de recollida de xoguetes e roupa para enviar aos nenos e nenas de Cabo Verde.

As xentes de Burela amosan deste xeito a súa solidaridade coa sociedade de Cabo Verde, perfectamente integrada na vida da localidade mariñá desde hai décadas.

Colaboran nesta campaña os diferentes centros educativos de Burela, onde se poden entregar a roupa e os xoguetes dirixidos aos nenos e nenas caboverdianas ata o vindeiro 1 de decembro. O material tamén se pode entregar na Delegación de Inmigración, Cooperación e Integración do Concello de Burela ou nas oficinas da Fundación Expomar, na Praza da Mariña.

E tamén son peza fundamental nesta iniciativa os armadores bureleses de...

leer más
Etiquetas:
29/11/2019

O Concello de Ribadeo, a través da súa Delegación de Servizos Sociais, organiza un ano máis a campaña de recollida de xoguetes baixo o lema Dálle a volta ao Nadal, que se desenvolve do 25 de novembro ao 11 de decembro.

A Concellaría de Servizos Sociais lembra que os xoguetes entregados deben estar en bo estado, limpos e non rotos, e que aqueles que teñan pezas deben ir todas xuntas nunha bolsa a parte. Ademais informa que non se recollen peluches.

Os xoguetes poden ser entregados nos centros educativos de Ribadeo e no departamento de Servizos Sociais do Concello (sito no Auditorio Municipal Hernán Naval).

Na semana do 16 de decembro comezará o reparto de xoguetes ás familias usuarias dos Servizos Sociais, e calquera que necesite xoguetes pode pasar polo Auditorio Municipal para anotarse...

leer más
17/10/2017

Este sábado, día 21, inaugurarase no Pazo de Tovar un espazo lúdico e exposición permanente de xoguetes tradicionais.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou que “na próxima fin de semana, o sábado 21 de outubro, ás 13 horas, terá lugar a inauguración oficial do espazo lúdico e exposición permanente O recuncho das argalladas no Pazo de Tovar, en Canedo de San Tomé de Lourenzá. Trátase dun espazo, composto por dúas salas, na que conviven harmonicamente unhas cento cincuenta pezas de xoguetes tradicionais, realizadas polos investigadores laurentinos José Manuel García e Xosé López, autores, como é sabido, dos libros Os xoguetes esquecidos e os máis recentes Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros.  Están divididos ou organizados en función dos materiais, movemento, da natureza, de refugallo, de terra ou de mar..., acompañados de...

leer más
Etiquetas:
26/12/2016
No Castelo de Alfoz pódese visitar ata finais de xaneiro a exposición "Colección de Xoguetes". A mostra está composta por 40 pezas.
 
O Castelo de Alfoz acolle ata finais de xaneiro a exposición Colección de Xoguetes. A mostra, que se pode visitar na planta baixa do Castelo, recolle varias pezas que abranguen tipoloxías de xoguetes tan dispares como medios de transporte, instrumentos musicais ou aparellos de cine. É unha fermosísima colección doada polo químico de raíces chairegas José Luis Basanta Campos ao Museo Provincial de Lugo.
 
As 40 pezas que compoñen esta colección, permiten achegarnos aos medios de xogo de hai décadas, entre os que se atopan xogos de mesa ou tradicionais e xoguetes ópticos. Entre os aparellos de cine pódense ver un zoótropo ou un Ombro Cinema, ademais de xogos de construcción e de taboleiro.
 
...
leer más