No Castelo de Alfoz pódese visitar ata finais de xaneiro a exposición "Colección de Xoguetes". A mostra está composta por 40 pezas.

No Castelo de Alfoz pódese visitar ata finais de xaneiro a exposición "Colección de Xoguetes". A mostra está composta por 40 pezas.
 
O Castelo de Alfoz acolle ata finais de xaneiro a exposición Colección de Xoguetes. A mostra, que se pode visitar na planta baixa do Castelo, recolle varias pezas que abranguen tipoloxías de xoguetes tan dispares como medios de transporte, instrumentos musicais ou aparellos de cine. É unha fermosísima colección doada polo químico de raíces chairegas José Luis Basanta Campos ao Museo Provincial de Lugo.
 
As 40 pezas que compoñen esta colección, permiten achegarnos aos medios de xogo de hai décadas, entre os que se atopan xogos de mesa ou tradicionais e xoguetes ópticos. Entre os aparellos de cine pódense ver un zoótropo ou un Ombro Cinema, ademais de xogos de construcción e de taboleiro.
 
Esta mostra presenta entre os seus obxectos máis curiosos miniaturas de chumbo relixiosas que se utilizaban na celebración da misa. As pezas están feitas dos materiais máis diversos predominando a madeira e a folla de lata litografiada e datan da segunda metade do século XIX e comezos do XX.