Carmiñas

18/07/2016
En Mondoñedo celébrase o 25 de xullo o "Mercado das Carmiñas", que organiza a Aciam e que conta coa colaboración do Concello e da Deputación de Lugo.
 
O 25 de xullo celebrarase en Mondoñedo o Mercado das Carmiñas 2016, que se inaugurará ás 10 da mañá na praza da Catedral. E ás 12:00 horas haberá demostración de tallado en pedra a cargo de Fernando Vilariño.
 
Neste Mercado das Carmiñas terá lugar a Festa da Ensalada que comezará ás 13:00 horas na praza do Concello. Haberá concurso e premio para as tres mellores. Nos locais de hostalería da localidade e na propia praza do Concello poderán degustarse as ensaladas feitas con produtos típicos da horta mindoniense.
 
Ás 14:00 horas na praza do Concello, actuará Son de Lugh e ás 15:00 horas rematará o concurso de ensaladas. Pola tarde ás 17:00 horas pasarruas...
leer más