Entradas
Os días 14 e 18 de agosto poderanse reservar en Viveiro as entradas para a representación do Teatro dos Irmáns Álvarez Quiteiro, a cargo do Grupo de Teatro Andanzas de Viveiro.
A obra será o 19 de agosto ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz, con entrada de balde.
Reserva de entradas: luns 14 e venres 18 no teléfono 982560162, en horario de 09.00 a 14.00 horas ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es, e tamén na taquilla do teatro o día da función, unha hora antes.
Xa están á venda as entradas para a ópera El Barbero de Sevilla, que chegará a Burela o vindeiro 2 de abril ás 19 horas.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “as entradas para gozar desta ópera de primeiro nivel no auditorio municipal de Burela xa se poden mercar en ataquilla.com”.
O edil burelés subliñaba o día da presentación deste evento que “El barbero de Sevilla é outra das grandes óperas, xa que está entre as oito mellores de todos os tempos, segundo os críticos musicais. É unha opera de Rossini que se considera bufa, en ton de comedia; das óperas bufas é a máis importante de todos os tempos sen ningunha dúbida. Estreouse en 1816 no teatro Argentina, de Roma, e a partir de aí representouse en innumerables ocasións en moitos teatros moi importantes de todo o mundo. É unha ópera accesible á maioría...
leer másTras o seu paso por lugares tan emblemáticos como o Teatre Apolo, de Barcelona, o Teatro Campos Elíseos Antzokia, de Bilbao, ou o...
leer másO 6 de maio de 2023 ás 20:00 horas Luis Piedrahita presentará na Casa da Cultura de Burela o seu novo monólogo "Es mi palabra contra la mía".
Trátase dun espectáculo cheo de enxeño e tenrura no que Luis Piedrahita analiza por que ninguén está contento co que lle tocou. Unha vez máis Piedrahita olisquea a realidade con afán de porco trufero e saca a relucir os aspectos máis absurdos do noso día a día. Temas de fondo calado existencial como as cellas negras das señoras maiores, o medo ao váter alleo ou o amor verdadeiro. Profundas reflexións de voo galináceo e improvisacións meticulosamente ensaiadas. Un show no que todos chegan á mesma conclusión: só o humor fai a vida soportable.
As entradas xa estáná venda en https://bit.ly/3jqmjkZ
La coartada, obra da prestixiosa autora estadounidense Christy Hall versionada e dirixida por Bernabé Rico, está de xira por toda España e este sábado, 12 de novembro, ás 20:00 horas representarase no auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo. Os intérpretes son os recoñecidos actores María Castro, Dani Muriel e Miguel Hermoso.
As entradas xa están á venda na web de Game Over Productions (www.gameoverpro.es) e tamén poderán comprarse na taquilla do auditorio municipal ribadense desde unha hora antes da función. O prezo é de 17 euros (IVE incluído).
A galega María Castro comezou a súa carreira artística na emblemática serie da Televisión de Galicia Pratos combinados. Despois trasladouse a Madrid e participou en series tan exitosas como Sin tetas no hay paraiso, en Tele 5 (...
leer másA Asociación Cultural Fanto Fantini organiza a oitava edición do festival Osa do Mar, que terá lugar na Praza do Concello, en Burela, os días 2 e 3 de setembro.
Osa do Mar é un festival de música que ofrece un cartaz orixinal, mesturando diferentes estilos. Seguindo a súa liña, a maioría son grupos emerxentes, moitos deles galegos, como Grande Amore, TheRapantsou Berto, aos cales se unen grupos máis coñecidos como La LaLoveYou, Karavanaou Aiko el grupo. O festival tamén contará coas actuacións de Anabel Lee, Arde Bogotá, A Pedreira, Biela, Grande Osso, LeahWoods(rincón a pé de praia), Llegamos tarde (DJ set), Mariagrep, Niña Polaca e Zé pequeno.
A súa intención é recuperar o formato de anos anteriores ao Covid-19, ampliando o aforo e volvendo aos concertos gratuítos en diferentes ubicacións, facéndoo así máis...
leer másGrandes artistas internacionales como Elisabeth Leonskaja, Orquesta Sinfónica de Galicia con Lucas Macías y Serena Sáenz, Cuarteto Quiroga, Pablo Ferrández, Armida Quartett, Carlos Mena, Real Filharmonía de Galicia, Dúo del Valle o Andreas Prittwitz actuarán en los mágicos escenarios lucenses de A Mariña con precios asequibles (12 a 15 euros) para todos los públicos. Las entradas ya pueden adquirirse en la web del festival: www.festivalbalygay.com.
12 de agosto 20:30 horas, Teatro Pastor Díaz de Viveiro REAL FILHARMONÍA DE GALICIA (15 euros) Interpretará ‘Serenata para cordas’ de Xesús Bal y Gay y la ‘Sinfonía no.7’ de Beethoven.
13 de agosto 20:30 horas, Pazo del Conde de Fontao de Foz ARMIDA QUARTETT (12 euros) Ofrecerá obras de Bach, Nikodijevic y Mozart.
... leer másCon máis de 1 millón de seguidores nas redes sociais e con vídeos que superaron os 10 millóns de reproducións, o humorista José Luis Calero aterrará o 24 de Abril ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Burela para facerlles alcanzar aos asistentes un gran orgasmo humorístico en directo, sen pantallas de móbiles polo medio nin nada.
Un espectáculo no que o humor e a risa farán esquecer dos problemas e vivir entre todos, como diría Raphael: Unha gran noite de humor!
Entradas xa á venda en https://bit.ly/3J9MHqM
Dende o goberno municipal infórmase que dende onte venres, 1 de abril, todos os venres venderanse as entradas do Resurrection Fest para os empadroados e empadroadas no Concello de Viveiro.
Todos aqueles veciños e veciñas que queiran asistir ao Resurrection Fest teñen o desconto do 50%, en virtude do acordo que o Concello de Viveiro ten coa organización do festival.
Con esta promoción, agradécese á veciñanza a tolerancia e respecto que ano tras ano demostraron, xa que, malia o efecto positivo do festival no municipio, a cita pode ocasionar algunha incomodidade entre a cidadanía.
As entradas poderanse comprar os venres, no 1º andar dos claustros de San Francisco, en horario de 9:00 a 11:00 horas e de 12:00 a 14:00 horas.
Para a súa adquisición é necesario presentar...
leer más