animación
12/09/2026
Dentro do ciclo de cinema galego Mestre Mateo 2026 serán proxectadas na Casa da Cultura de Foz catro curtas de animación galegas: Lucus, Nuno, O corpo de Cristo e O mesmo. Será este domingo, día 13 de setembro, desde as 18:30 horas.
Anúnciao o Concello de Foz: “este domingo temos unha nova cita co cinema galego cunha sesión dedicada ás curtametraxes de animación. Unha nova oportunidade para achegarnos e desfrutar do talento do noso audiovisual”.



