Barafunda

26/10/2026

O Concello de Viveiro anuncia que a compañía Barafunda “tráenos unha terrorificamente divertida sesión de sorrisos con Quen dixo medo?. Dúas personaxes convidarán os nenos e nenas a bailar, xogar e converterse en auténticos monstros nun espectáculo de movemento inspirado nas historias da noite do Samaín. Globos, xogos musicais e propostas interactivas para pasar unha tarde... de medo!”. Será este sábado, día 31 de outubro, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz.

É unha obra para público infantil de 3 a 12 anos e ten unha duración de 50 minutos.

A reserva de entradas pode facerse a través do teléfono 982.560.162 de luns a xoves de 9:00 a 14:00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal e tamén na taquilla do Teatro Pastor Díaz unha hora antes da función.