Celebración

17/06/2019

O vindeiro mércores, 19 de xuño, a Escola Municipal de Música de Burela celebrará xunto cos colexios de primaria da localidade o Día Mundial da Música. Iniciado en Francia en 1982 como Festival de Música e establecido como celebración europea en 1985 (Ano Europeo da Música), cada solsticio de verán o 21 de xuño a Unión Europea celebra un día dedicado a promover o intercambio cultural entre os pobos.

Segundo o director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, “o seu obxectivo é promover que se organicen concertos na rúa, independentemente do seu estilo ou orixe, polo que se invita a todo o mundo a colaborar neste evento”. E engade que “aínda que o día oficial estableceuse o 21 de xuño, para non coincidir co remate do curso escolar, os organizadores creron adecuado trasladalo ao 19 para que puideran participar os centros de...

leer más
11/04/2018

O Complexo Cultural RegalXunqueira, de Viveiro, celebrará o Día da República este venres, 14 de abril.

O programa dará comezo ás 13:00 horas co descubrimento da placa que da nome ao paseo fluvial dende Verxeles a Portochao, Paseo Alcalde Cerdeiras 1903-1937, quen foi fusilado en Lugo o 12 de marzo de 1937. Darase lectura á acta do pleno onde se decidiu este nomeamento coa participación da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, a corporación viveirense, partidos políticos e outras entidades, e asociacións.

O cronista de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, fará unha semblanza do homenaxeado, e ao final un grupo de músicos interpretará o himno galego. Ademais farase un recordo especial das mulleres e homes da bisbarra que deron a súa vida e sufriron represión por mor da defensa da segunda república lendo unha lista destes...

leer más