O Complexo RegalXunqueira, de Viveiro, celebrará o 14 de abril o Día da República con varias actividades.

O Complexo Cultural RegalXunqueira, de Viveiro, celebrará o Día da República este venres, 14 de abril.

O programa dará comezo ás 13:00 horas co descubrimento da placa que da nome ao paseo fluvial dende Verxeles a Portochao, Paseo Alcalde Cerdeiras 1903-1937, quen foi fusilado en Lugo o 12 de marzo de 1937. Darase lectura á acta do pleno onde se decidiu este nomeamento coa participación da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, a corporación viveirense, partidos políticos e outras entidades, e asociacións.

O cronista de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, fará unha semblanza do homenaxeado, e ao final un grupo de músicos interpretará o himno galego. Ademais farase un recordo especial das mulleres e homes da bisbarra que deron a súa vida e sufriron represión por mor da defensa da segunda república lendo unha lista destes defensores da liberdade.

Como remate celebrarase un xantar de confraternidade en Viveiro. As persoas interesadas terán que anotarse no 664 543 103, antes do sábado 14.