Domingueo
O 26 de abril segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. Este vindeiro domingo Sintético Fantástico actuará no lugar coñecido como Catro Calles a partir das 13 horas para animar o mediodía nesa zona do centro da vila ribadense.
O Domingueo en Ribadeo continuará os días 3 e 31 de maio e 7 e 14 de xuño por diferentes localizacións.
Desde o Concello ribadense e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou calquera outra xornada. Co bo tempo a programación de actividades na rúa increméntase, os días son grandes e toca aproveitalos ao máximo”.
Concello de Ribadeo e Acisa poñen en marcha unha nova edición da campaña Domingueo en Ribadeo co obxectivo de promocionar as compras no comercio local os domingos pola mañá e o consumo na hostalería local. Os concertos do Domingueo en Ribadeo serán os días 19 e 26 de abril, 3 e 31 de maio e 7 e 14 de xuño. Este vindeiro domingo, día 19, na praciña de San Roque terá lugar a actuación de Untopic a partir das 13:00 horas.
A concelleira de Comercio, Marta Saiz, manifestou que “esta fin de semana poñemos en marcha unha nova edición do Domingueo en Ribadeo, campaña que organizamos conxuntamente entre o Concello e Acisa para facer das mañás de domingo unha cita ineludible para vir pasear, mercar ou tomar o vermú a Ribadeo. E o que pretendemos é darlle a esas mañás un toque musical para que aínda sexa máis apetecible vir á nosa vila”.
... leer másConcello e Acisa poñen en marcha unha nova edición da campaña Domingueo en Ribadeo co obxectivo de promocionar as compras no comercio local os domingos pola mañá e o consumo na hostalería local. A música inundará os recunchos da vila durante os mediodías de sete domingos desde o 19 de abril ao 21 de xuño.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, dixo que “a primavera en Ribadeo é época de domingueo, unha campaña que ten como obxectivo promocionar o comercio e a hostalería local. O feito de que o comercio abra en domingo xa atrae a moitas persoas durante todo o ano e do Domingueo en Ribadeo é un atractivo máis para vir pasear por estas fermosas rúas, comprar no noso comercio e terracear con amigos e familia disfrutando dun vermú acompañados dun toque musical”.
E indicou: “desde o Concello xunto con Acisa...
leer másO 6 de xullo segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. Este vindeiro domingo a cantante asturiana Sara Cangas actuará na rúa Amando Pérez a partir das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou calquera outra xornada. Estamos xa metidos de cheo no verán con infinidade de actividades na rúa, os días son grandes e toca aproveitalos ao máximo”.
O Domingueo en Ribadeo, que arrincou o pasado mes de abril, tomará agora un descanso ata despois do período estival.
O día 15 de xuño continúa o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa.
Este vindeiro domingo o grupo Clave de Son actuará na contorna da Praza de Abastos a partir das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila.
O Domingueo en Ribadeo continuará os días 29 de xuño e o 6 de xullo por diferentes localizacións.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou calquera outra xornada. Achégase o verán e a programación de actividades na rúa increméntase, os días son grandes e toca aproveitalos ao máximo”.
O día 25 de maio segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. Este vindeiro domingo o cantautor asturiano Pablo Valdés actuará na rúa San Francisco a partires das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila.
O Domingueo en Ribadeo continuará os días 15 e 29 de xuño e o 6 de xullo por diferentes localizacións da vila.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou en calquera outra xornada”.
O Concello ribadense e Acisa poñen en marcha unha nova edición da campaña Domingueo en Ribadeo co obxectivo de promocionar as compras no comercio local os domingos pola mañá e o consumo na hostalería local. A música inundará os recunchos da vila durante os mediodías de seis domingos desde o 27 de abril ao 6 de xullo.
A concelleira de Comercio, Marta Saiz, manifestou que “esta fin de semana poñemos en marcha unha nova edición do Domingueo en Ribadeo, campaña comercial do Concello conxuntamente con Acisa para facer das mañás de domingo unha cita ineludible para vir pasear, mercar ou tomar o vermú a Ribadeo. Somos conscientes de que as xornadas de domingo na nosa vila atraen a moitas persoas de diferentes lugares e por ese motivo, coincidindo coa chegada da primavera na que apetece máis saír, o que pretendemos é darlle a estas mañás un toque...
leer másEste vindeiro domingo Dry Martini actuará a partires das 13:00 horas na Praza de Abaixo para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo.
“Estamos contentos coa acollida que están a ter estes concertos por diferentes recunchos da nosa vila, porque enchen de ritmo os mediodías dos domingos”, sinalan desde a organización. O Domingueo en Ribadeo xa pasou polo porto, pola rúa San Francisco, pola Praza de Abastos, pola Avenida Rosalía de Castro e pola rúa San Roque. Este ciclo de concertos rematará a principios do vindeiro mes de xullo.
Concello e Acisa animan “á xente de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar do Domingueo e de todas as propostas que aquí poden atopar en calquera momento".
Este vindeiro domingo Fernando Corujo actuará a partires das 13:00 horas na rúa San Roque para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo.
Ata xullo a música chegará tamén á Praza de Abaixo o 16 de xuño e tamén á Zona Vella o 7 de xullo.
“Estamos contentos coa acollida que están a ter estes concertos por diferentes recunchos da nosa vila, porque enchen de ritmo os mediodías dos domingos”, sinalan desde a organización.
Concello e Acisa animan “á xente de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar do Domingueo e de todas as propostas que aquí poden atopar en calquera momento”.
Este vindeiro domingo o grupo Gemtonics actuará a partires das 13:00 horas na rúa Rosalía de Castro para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo.
Ata xullo a música chegará tamén á rúa San Roque o 2 de xuño, á Praza de Abaixo o 16 de xuño e tamén á Zona Vella o 7 de xullo.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo e a gozar do Domingueo e de todas as propostas que poderán atopar todos os domingos do ano, ou en calquera outra xornada na nosa vila e nas nosas parroquias”.












