La Indirigible
O 31 de maio segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. Este vindeiro domingo o grupo ferrolán La Indirigible actuará na rúa Virxe do Camiño a partir das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila.
O Domingueo en Ribadeo continuará tamén os días 7 e 14 de xuño por diferentes localizacións da vila. E rematará o 5 de xullo no Cantón co concerto aprazado hai unhas semanas por mor da chuvia.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que van atopar os domingos ou calquera outra xornada. Coa chegada da primavera a programación de actividades na rúa increméntase, os días son grandes e toca aproveitalos ao máximo paseando, mercando, tomando algo nunha terraza e escoitando boa música”.



