Declaración

Etiquetas:
06/03/2023

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca a importancia da declaración como festa de interese turístico de Galicia para o Entroido focego e anuncia que o Concello solicitará que sexa tamén de interese turístico nacional.

“Desde o Concello de Foz estamos máis que satisfeitos porque se fixo xustiza e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, anunciaba que este luns aprobouse nunha sesión extraordinaria do Consello de Turismo a declaración como festa de interese turístico de Galicia para o Entroido de Foz. Un Carnaval que é xa referente non só en Foz e na comarca da Mariña senón en toda a provincia e en Galicia. Un Entroido que une ao pobo e no que participan case todas as persoas que configuran esta marabillosa vila e este grandioso concello, o que posibilitou que unha festa que comezou pouco a pouco se converta nunha gran celebración,...

leer más