Locais

Etiquetas:
29/06/2021

Dous novos establecementos veñen unirse á lista de asociados de AciaFozCCA: Mercería Vera e Hillene Nails. 

Laura Fanjul levaba un tempo dándolle voltas á idea de montar o seu propio negocio, algo que materializaba o pasado 18 de xuño. En Mercería Vera a clientela pode atopar “cremalleras, cintas de raso y de bies, hilos de coser y de bordar, botones, velcro, además de telas, artículos de bebé, ropa interior, pañuelos… una variada oferta de artículos”.

Mercería Vera é un dos  novos locais asociados a AciaFozCCa: “me lo recomendó una amiga que abrió aquí también una tienda hace poco. Todo lo que sean ventajas para nosotros, así como ayudar y mover la economía de la zona es positivo”. Mercería Vera está situada na rúa Álvaro Cunqueiro. 

Hai catro meses, o 8 de febreiro, abría as súas portas...

leer más
Etiquetas:
23/09/2020

#CociñandoAMariñaLucense é a nova iniciativa que pon en marcha a Mancomunidade coa colaboración da FCAM e da Xunta de Galicia. O obxectivo pasa por posicionar a comarca como referente do turismo gastronómico e por poñer en valor aos produtores, aos produtos e á gastronomía local. Trátase dunha acción de resposta á actual crise sanitaria. #CociñandoAMariñaLucense inclúe unha guía na que se poderán atopar os datos dos 240 produtores locais que hai na Mariña, de sectores como a agricultura, a gandeiría, a horta, a pesca, a avicultura, etc... e porá en marcha un concurso de vídeo receitas, que se desenvolverá do 15 de outubro ao 15 de novembro. No acto de presentación da campaña, que tivo lugar no Cenima en Foz, interviñeron o presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, o coordinador e creador da iniciativa, Lucas Requejo, o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, e o...

leer más
Etiquetas:
07/09/2020

A Asociación Cultural e Deportiva As Minas de A Pontenova plantea unha colaboración cos negocios e comercios locais para paliar, na medida do posible, a crise económica orixinada polo COVID-19. Esta colaboración terá lugar durante o próximo XIV Festival das Minas, que se celebrará o 12 de decembro se as condicións e as autoridades o permiten. 

Grazas a esta colaboración, o ACD As Minas doará de forma gratuíta aos locais de hostalería do Concello que o soliciten, a xestión da cea e o bar do día do festival. Ademais, colaborará co resto de comercios poñendo a súa disposición camisetas, cuxo gasto corre a cargo da asociación, e Lotería de Nadal. Os beneficios das ventas destes artigos serán integramente para os propios negocios colaboradores. 

Desta forma, a Asociación Cultural e Deportiva As Minas quere investir as...

leer más
Etiquetas:
04/09/2020

ACIAFozCCA anima á veciñanza a facer as súas compras para a volta ao cole e ao traballo no comercio local. Por este motivo ven de poñer en marcha a campaña Volver. 

Con esta iniciativa ACIAFozCCA invita a mercar en Foz e na Mariña para prepararse para a volta ás aulas e ao traballo. No comercio local a clientela poderá atopar todo o que precisa para o outono: moda, complementos, material escolar e deportivo, libros, etc. 

O presidente de ACIAFozCCA, José Carlos Paleo, subliñou que “os locais comerciais de Foz e da Mariña están listos para a nova tempada de outono-inverno. Están dispostos para ofrecernos todas as novidades chegadas ás tendas nas que contan con todas as medidas de seguridade necesarias e recomendadas polas autoridades sanitarias para previr o covid. Xa levamos uns meses de rodaxe nesta nova...

leer más
Etiquetas:
11/11/2018

O Concello de Mondoñedo e a Asociación de Comerciantes (ACIAM) colaboran na posta en marcha dunha campaña para promocionar os comercios, servizos e produtos locais.

Para elo, desde o Concello de Mondoñedo se está a inventariar todos os negocios e actividades económicas con domicilio social na cidade para a elaboración dunha guía que permita a súa promoción.

O obxectivo desta campaña é buscar sensibilizar aos veciños e veciñas de Mondoñedo sobre a importancia de mercar no comercio local, contratar servizos aos profesionais da localidade e por en valor un territorio: Mondoñedo.

Na actualidade , Mondoñedo, ten dadas de altas máis de 200 actividades e todos os datos que configuran a actual lista foron tomados de rexistros públicos.

O Goberno local solicita a...

leer más