A asociación cultural O Atrio, de Vilaronte, organiza o I Mercado de Produtos Locais que se celebrará o 8 de maio.

A asociación cultural O Atrio, de Vilaronte, organiza o I Mercado de Produtos Locais Aos pés de Cornería. Será o 8 de maio no atrio da igrexa. O Concello de Foz colabora.

Ás dez da mañá procederase á apertura do mercado. Ás 11:30 horas haberá pasarrúas a cargo de grupos tradicionais. Para as 12 está prevista unha charla sobre as novas pragas na agricultura, que será impartida polo biólogo Suso Blanco García, que é o xerente de Agromar, en Foz. 

Xa ás 13:00 horas haberá sesión vermú amenizada por un dj. E non faltará o polbo á feira servido pola Pulpería Maciñeiras. As actividades seguirán ás 16:30 horas con Tardeo que te veo.