Audiovisual
O Festival da Mariña Imaxiña 2018 levou ao realizador audiovisual Xaime Miranda ao IE Alfoz-O Valadouro para compartir co alumnado de 4º ESO a súa experiencia cun obradoiro de vídeo.
O estudantado coñeceu máis de preto o proceso de creación dunha curta, seguindo os pasos de presentación da personaxe, aparición do conflito, acción ante o conflito e resolución. A partir de títulos como ‘Hipo’, ‘Invisible’ e ‘Cambio de Notas’ desenvolveron a historia e gravaron as imaxes, para a posterior edición e montaxe.
O obradoiro de Xaime Miranda é o segundo desta oitava edición do Festival Audiovisual da Mariña, que conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo. A comezos de mes a fotógrafa Sabela Blanco impartiu outro de fotografía destinado aos usuarios da Fundación Eu Son de Burela.
...
leer más