A Fundación Imdecum convoca o XI Festival Audiovisual da Mariña Imaxina 2021. O prazo de entrega de traballos remata o 30 de decembro.

A Fundación Imdecum convoca a décimoprimeira edición do Festival Audiovisual da Mariña Imaxina 2021, co apoio da Vicepresidencia e Área de Cultura da Deputación de Lugo. O obxectivo é aflorar as inquedanzas culturais dos estudantes e diferentes colectivos da Mariña lucense. As fotografías e vídeos a concurso poden presentarse ata o día 30 de decembro, ás 00:00 horas.

Poderán participar todas aquelas persoas que estean cursando estudos de formación (ESO, ESA, Bacharelato ou ciclos formativos) durante o ano académico 2021-22 nos institutos Monte Castelo e Perdouro de Burela, Dionisio Gamallo de Ribadeo, Marqués de Sargadelos de San Ciprián, Vilar Ponte e María Sarmiento de Viveiro, Illa de Sarón de Xove, Alfos-O Valadouro e Foz. Ademais está dirixido aos usuarios e usuarias da Fundación Eu Son, Axuda ao Enfermo Mental da Mariña e Asociación Camiña.

Os traballos deben mandarse a través do servidor www.wetransfer.com ao correo electrónico contacto@imdecum.com.  As obras, que poderán ser individuais ou grupais, deben ser inéditos e orixinais. Non se admitirá ningún traballo cuxos dereitos de propiedade intelectual non pertenzan integramente e sen excepción ao propio participante no concurso. Ademais nos que aparezan persoas recoñecibles, os concursantes deberán ter a súa autorización. As obras terán que axustarse aos seguintes requisitos técnicos: Fotografías JPEG, con resolución mínima de 200 ppi, e un peso máximo de 5 Mb.

Os premios consistirán en un vale por material fotográfico/vídeo por importe de 150 euros. Os criterios de selección serán: a transmisión dun concepto claro, a orixinalidade e a técnica (composición, luz e encadramento).

Os organizadores do concurso resérvase o dereito de expoñer as fotografías e vídeos, pero recoñeceranse os dereitos de autoría a cada participante. Os dereitos de uso, difusión, distribución, exhibición, exposición, comunicación pública, divulgación e reprodución de todos os traballos presentados ao concurso quedarán cedidos á Fundación Imdecum co obxecto de que esta os poida reproducir e comunicar pública e gratuitamente e con identificación dos seus autores se o considerase preciso.