AciaFozCCA anima á veciñanza a facer as súas compras no comercio local para a volta ao cole e ao traballo.

ACIAFozCCA anima á veciñanza a facer as súas compras para a volta ao cole e ao traballo no comercio local. Por este motivo ven de poñer en marcha a campaña Volver. 

Con esta iniciativa ACIAFozCCA invita a mercar en Foz e na Mariña para prepararse para a volta ás aulas e ao traballo. No comercio local a clientela poderá atopar todo o que precisa para o outono: moda, complementos, material escolar e deportivo, libros, etc. 

O presidente de ACIAFozCCA, José Carlos Paleo, subliñou que “os locais comerciais de Foz e da Mariña están listos para a nova tempada de outono-inverno. Están dispostos para ofrecernos todas as novidades chegadas ás tendas nas que contan con todas as medidas de seguridade necesarias e recomendadas polas autoridades sanitarias para previr o covid. Xa levamos uns meses de rodaxe nesta nova normalidade e toca seguir traballando, toca seguir saíndo facer as compras na nosa vila, toca seguir saíndo tomar uns viños, comer ou cear na nosa hostalería. O que toca é facer vida nesta nova normalidade”.

Colaboran coa campaña Volver de ACIAFozCCA a Federación de Comercio de Lugo e a Xunta de Galicia.