Percorridos

Etiquetas:
01/07/2021
A Área de Economía, Turismo e Desenvolvemento Local organiza este verán 10 percorridos guiados gratuítos, a través dos que se poderá descubrir o importante patrimonio natural e cultural de Ribadeo. Trátase dunha serie de rutas para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos moi diversos tanto dende o punto de vista natural como cultural. No acto de presentación participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Turismo e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, e a técnica de Turismo do Concello ribadense, Begoña García. 
 
Vizoso Galdo explicou que “este ano, como novidade incorpóranse novos percorridos guiados, como o do Ribadeo Antigo co que nos trasladaremos a tempos pasados, de segredos lendas e historias, para ver esta vila con outros ollos. E tamén teremos novas Xeorutas. Neste caso a...
leer más
Etiquetas:
27/03/2021

A Área de Turismo do Concello organiza durante a Semana Santa 7 percorridos guiados a través do importante patrimonio natural e cultural de Ribadeo. As visitas serán de balde e as prazas limitadas, segundo anunciou o concelleiro Pablo Vizoso Galdo. 

O edil ribadense explicou que “esta Semana Santa a Área de Turismo do Concello de Ribadeo organiza 7 percorridos guiados a través dos que se poderá descubrir o noso importante patrimonio natural e cultural. Trátase dunha serie de rutas, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos moi diversos tanto dende o punto de vista natural como cultural”.

Pablo Vizoso contou que “dende o punto de vista natural darase unha ampla visión do importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral. Así organizamos tres Xeorutas, 2 saídas para facer a dos Arcos e...

leer más