Namorados

Etiquetas:
26/02/2018

A Casa da Cultura de Foz acollerá este sábado, día 3 de marzo, ás 20:00 horas o Festival dos Namorados, evento no que se entregarán os premios aos galardoados no XVII Certame de Poemas de Amor convocado pola biblioteca pública municipal focense.

No festival actuarán alumnos da Aula Moderna da Escola de Música de Foz e Felipe Sánchez.

Este evento está organizado pola biblioteca pública municipal de Foz e os patrocinadores son os restaurantes Xoiña, Rincón do Mis e Barrilete.

 

Etiquetas:
05/03/2015
A Casa da Cultura de Foz acollerá este sábado ás 20 horas o Festival dos Namorados organizado pola Biblioteca Pública Municipal.
 
A Casa da Cultura de Foz acollerá este sábado, 7 de marzo, ás 20 horas o Festival dos Namorados que organiza a biblioteca pública municipal focense.
No evento actuará o dúo de Mijail Moriatov, que ofrecerá un concerto de violín acompañado de violonchelo con música de F. Schubert, G. Verdi e J. Brahms, ademais dalgunha sorpresa galega.
Durante ao festival entregaranse os premios aos galardoados no XIV Certame de Poemas de Amor.