Festur
O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de Silleda no marco da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. O municipio conta cun stand propio no que se promociona a Feira do Bonito, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, así como “a ampla oferta turística de Burela, dando a coñecer os principais atractivos culturais, gastronómicos e naturais da vila. No stand está a técnica municipal de turismo, Andrea Andión, no espazo dedicado ás festas de interese turístico de Galicia”.
“Festur constitúe dende 2014 a gran mostra das celebracións galegas con esta distinción, converténdose nun punto de encontro co público e nun escaparate para achegar á demanda turística interna as festas máis antigas, con maior arraigo popular e máis singulares da...
leer más



