Biblioteca
O Concello de Ribadeo celebrará o Día do Libro cunha actividade que se desenvolverá na biblioteca municipal El Viejo Pancho este xoves, 23 de abril, a partir das 17:00 horas.
“O vindeiro xoves 23 de abril queremos que a biblioteca sexa, máis que nunca, a túa casa. Para celebrar o Día do Libro temos preparado algo diferente: sentarnos e falar das nosas lecturas. Non importa se es de novela negra, poesía ou se estás comezando o teu primeiro libro do ano. Queremos escoitarte! Que faremos? Un faladoiro sobre o que estamos lendo agora mesmo, compartir frases e citas que nos marcaron e crear entre todos e todas unha listaxe de recomendacións. Porque, ao final, os libros son a escusa perfecta para xuntarnos e facer comunidade. Así que, xa sabes, trae o teu libro debaixo do brazo e ven pasar a tarde con nós”, anuncia o Concello de Ribadeo.
O Departamento de Cultura do Concello de Xove pon en marcha unha nova iniciativa cultural dirixida ás persoas afeccionadas á lectura: a creación dun Club de Lectura na Biblioteca Municipal de Xove. “Este proxecto nace co obxectivo de crear un espazo de encontro para todas aquelas persoas que disfrutan dos libros e que desexan compartir a experiencia da lectura con outras persoas. Con este propósito a Biblioteca Municipal organiza un primeiro encontro informativo e de toma de contacto para iniciar a posta en marcha do club. A reunión para todas as persoas interesadas terá lugar o venres 27 de marzo ás 19:00 horas nas instalacións da biblioteca”, anuncia o Concello de Xove, que engade: “este encontro servirá para explicar o funcionamento do club, recoller propostas das persoas asistentes e establecer conxuntamente as directrices desta nova actividade cultural, coa...
leer másA Biblioteca Municipal de Barreiros celebra o Día de Rosalía cunha exposición sobre a escritora que poderá visitarse durante esta semana, ata finais deste mes de febreiro.
“O 23 de febreiro conmemoramos o legado dunha muller esencial na defensa e dignificación da lingua e da cultura galega, autora de obras fundamentais como Cantares gallegos. Desde a Biblioteca Municipal de Barreiros sumámonos a esta celebración cunha exposición que nos lembra a importancia de coidar e valorar o noso idioma e a nosa identidade. Podedes visitala durante toda a semana no horario habitual da biblioteca”, anuncia o Concello de Barreiros.
A biblioteca municipal de Barreiros acollerá un escape room para rapazada de 4 a 16 anos. Será o día 23 de outubro, xoves, ás 16:30 horas.
O Concello de Barreiros anuncia: “achégase o Día das Bibliotecas e queremos celebralo cunha actividade para a rapazada. O día 23 de outubro ás 16:30 horas faremos un escape room na Biblioteca Municipal de Barreiros, onde se agochan unha serie de misterios que deberedes resolver. Por equipos, utilizando a cooperación, o enxeño e a comunicación activa teredes que superar unha serie de probas e descifrar enigmas para conseguir o obxectivo común. Quen será capaz de resolvelo? Trátase dunha actividade moi divertida, que vos permitirá resolver problemas a través do traballo en equipo. De aquí levaredes unha aprendizaxe moi importante para o voso futuro, poñendo en valor a importancia da biblioteca e da...
leer másTras o parón do verán, o club de lectura da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Barreiros retoma a súa actividade cunha nova xuntanza este sábado, día 20 de setembro, ás 12:00 horas na propia biblioteca. A publicación escollida para esta sesión é O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila.
“Seguimos contando coa escritora mariñá Antía Yáñez, que será a encargada de coordinar e conducir o club unha tempada máis. Adiantámosvos tamén que, durante o parón estival, sumáronse novas incorporacións e actualmente xa somos 18 persoas compartindo lecturas e conversas. Se ti tamén estás interesado/a en unirte para desfrutar da literatura en boa compañía, achégate a biblioteca municipal en horario de 9:30 a 14:30 horas; alí facilitaranvos máis información e resolverán as vosas dúbidas”, anuncia o Concello de Barreiros.
O Concello de Foz conmemora o Día do Orgullo LGTBI coa colocación de bandeiras arco iris nos edificios municipais e unha exposición de libros na biblioteca pública.
A concelleira de Muller e Igualdade, Ana Rojo, anuncia que “un ano máis, o Concello de Foz conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBI pendendo das fachadas de todos os seus edificios institucionais as bandeiras arco iris, identitarias das cores que representan o Día do Orgullo LGTBI, que se celebra o próximo 28 de xuño en conmemoración polos disturbios de Stonewall, no ano 1969 en Nueva York, onde se iniciou o camiño cara a liberación deste colectivo que reivindicaba e loitaba pola defensa dos seus dereitos que gran parte da sociedade lles negaba, á vez que se lles prohibía mostrarse tal como se sentían. Moitas destas persoas entregaron as súas vidas na defensa deses...
leer másO Concello de Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que “pretende fomentar a lectura e a interacción social entre crianzas e persoas adultas. As actividades estarán coordinadas por Antía Yáñez, escritora mariñá de referencia”. As actividades darán comezo o sábado 22 de febreiro coa presentación do club de lectura e o primeiro dos biblioencontros, dirixido neste caso a crianzas de educación primaria que estará relacionado co Día de Rosalía.
O club de lectura estará dirixido a maiores de 16 anos e contará con 20 prazas con preferencia para as persoas empadroadas no Concello de Barreiros. A inscrición pode realizarse na biblioteca municipal de luns a venres en horario de 9:30 a 14:30 horas.
O concelleiro Daniel García resalta: “con estas actividades seguimos apostando pola...
leer másO xoves 2 de xaneiro celébrase o Nadal na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, cunha actividade de animación á lectura na cal os nenos e nenas se converterán en auténticos detectives para resolver "O misterio das cartas dos Reis Magos".
É unha actividade para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. Hai 30 prazas dispoñibles e para participar hai que anotarse no Whatsapp da Biblioteca: 604.08.42.01.
A sesión de contacontos Contos na biblioteca, con Mayte e Loli, celebrarase este venres, día 20 de decembro, ás 17:30 horas na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo.
Hai 20 prazas para nenos e nenas de entre 4 e 8 anos. Adxudicaranse por orde de inscrición no WhatsApp 604.084.201.
O libro titulado O gran triángulo, escrito polo ribadense Francisco Díaz-Fierros Viqueira, será presentado en Ribadeo este xoves, día 21 de novembro. Será na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho ás 20:30 horas. No acto falarán o profesor ribadense Suso Fernández Acevedo e o autor, Francisco Díaz-Fierros Viqueira.
Esta presentación está organiza pola Agrupación Cultural Francisco Lanza e seu presidente, Farruca Graña, anuncia: “este xoves, 21 de novembro, imos ter a presentación do libro O gran triángulo, de Francisco Díaz-Fierros Viqueira, editada por Xerais. É unha novela ben interesante e de marcado carácter divulgador da actividade científica. De lectura amena e doada, paga a pena comprobar as vicisitudes polas que tiveron que pasar as xentes do mundo da ciencia para lograren desenvolver os seus descubrimentos. Pero a...
leer más












